Lévanse recadados 14.352,28 ? para as Festas do Carme.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os grupos polas portas recadaron 10.211,08 ?, mentres que os donativos en Caixanova de particulares e empresas ascenden a 4.141,20 ?.

Os datos son de hoxe 19 de xuño, ás 11,30 horas.

Categorías: Concello

25 comentarios

cockydaponte · 19-06-2008 a las 13:54

vouvos ter que dar eu o nº de conta da comisión de festas do San Roque da Ponte….

Cara de cona · 20-06-2008 a las 00:05

Serán boas festas?…esperemos que sí..haber se a Sacapieles non sorprende coas típicas horteradas e actos carcas como fixo en corpus que parecía que estabamos no ano 6o…nin gusto, casposo…rancio…Ajjjj

o chiquitas · 21-06-2008 a las 15:47

cara de cona sei que non che gusta sacapieles,a ti vaiche mellor saba,debe de ter mellor churro,lunes do carmen mollalo no chocolate.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2008 a las 15:59

Moi irrespectuoso o comentario. ¿Sabes o peor «o chiquitas»?. Que desprestixias un medio de información que é seguido xa por moitas persoas da comarca. Non merecemos os que colaboramos e buscamos información que, ainda por enriba, se nos trate así con covardía dende o anonimato.

Borrachuzo · 21-06-2008 a las 17:19

Hay que valorar mucho el trabajo de las personas que están pidiendo por las puertas.
Tengo que salir en defensa de Sabariz ya que no puede tratársele así, despues de informanos a todos en esta gran página. Podrá tener los defectos que sean, no gustarán sus opiniones o sus decisiones políticas, estarán cabreados los del bloque porque puso fuera a Angueira, pero lo que no se puede hacer es faltarle así a una persona.

o chiquitas · 21-06-2008 a las 18:39

eu non desprestigio este medio de informacion ,o contrario solo respondinlle a cara de cona,si non lle gustou a procesion que non fora, ela e a que criticou a sacapieles,a que van a mirar e despois pasar o parte,se te picas eu non che teño que facer. ¿E DEIXO MOI CLARI?O QUE ESTA PAXINA ESTA MOI BEN?

Cara de cona · 21-06-2008 a las 19:27

Que teño churro…chiquitas…e a Cacharra ten peras, aínda non cambiou de sexo…andades arrabiados porque volva angueira e criticades a festa…pois este ano son acojonantes…e xa non fai falta parracho para nada…dixenlle sempre os do bloque que os votos baixan…e baixan…e cada vez baixan máis…acabaronse os favores….o rubio de Condide…o setemesino..as promesas de traballos a tutiplén…de casas…Hai que volver os dous machiños…que remedio queda

o chiquitas · 21-06-2008 a las 20:41

cara de cona en primer lugar eu non son do bng,arrabiados andaredes vos ,eu non ando buscando traballo ,xa oteño e ven bo,e a min que me falas do rubio de condide e do setemesino,como canbian as cousas,si antes erades todos da misma camada.Eu de momento non lle pedin favores a nadie ,pois xa teño casa,e amin si baixan os votos importame un carajo ,gracias a dios non pido nada bastame comeu traballo.¿TEN COIDADO TI CO TEU?

checha · 23-06-2008 a las 01:00

Cara de Cona estas como unha cadela rabiosa.Agora as festas son acojonantes.Antes cando ti as facias con outro goberno e o parracho que tiñan logo.¿As que ti organizaches antes logo eran unha merda?
Porque quero recordar que fixeches festas gobernando Angueira e non foron tan malas.E mais a diferencia entre unhas e outras era a seguinte.Antes o concello tiña que poñer unha aportación minima porque se facian en funcion do recaudado.E agora permitense o luxo de aportar ata 30000 euros que pagamos todos os veciños ademais do donativo.
Esto vai un pouco polo anucio da recaudación eso chega para pagar a Panorama e pouco mais.Enton este ano a aportación do concello canto vai ser 40000 euros.
A xente o que ten que saber que a señora alcaldesa sendo concelleira co goberno anterior sempre protestaba pola pequena aportación do concello.Pero agora como e alcaldesa tira a casa pola ventana e dalle igual o que o concello teña que poñer.
Asi fai festas calquera sen limite de custes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-06-2008 a las 12:01

Parece que toda a poboación está de acordo en que a programación das festas está moi ben (verbenas no fin de semana, boas orquestras, a festa do churro o luns, etc..). Non entremos agora en polémicas. Estás desinformando «checha» e pretendes augar as festas quitándolle ó merito ós organizadores. Podes ir ó concello a comprobar o custo dos actos e a recadación cando queiras e así podes dar logo os datos exactos. E certo que nun pleno informouse dos gastos da Festa do Carme 2007 (houbo que encargar as orquestras a correr, ante a imprevisión do antigo goberno). Das os gastos, pero esqueces os ingresos en donativos duns 12.000 ?. Das una unha información parcial, interesada, e sobre todo, falsa. Iso non se debe facer.

o chiquitas · 23-06-2008 a las 14:59

checha tes moita razon,eu tamen escoiteu o que ti dis ,o señor sabariz nunca di averdade fala da feira segun lle vai nela ,a informacion non e falsa e sabariz veno sabe ,elle mais facil quedar sempre ven .

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-06-2008 a las 15:20

Sabes perfectamente «o chiquita», que teño credibilidade nestas cuestións da infomación. Serei discutido, serei considerado mal xestor ou mal político. Pero de mintireiro, nada.
Con toda a intención do mundo, tratas de lanzar esa imaxe a sabendas de que teño razón. Obviamente eres persoa próxima ó anterior goberno e a túa misión e desacreditar. E o fas de xeito anónimo, porque sabes que si o dis dando a cara a resposta ía ser fulminante pola miña parte. Ías quedar mal e por iso non te atreves a aparecer con nome e apelidos.
¿Que Sabariz nunca dí a verdade?. Iso non é o que pensa a maioría da cidadanía de Pontecesures.

pedro da cachopa · 23-06-2008 a las 17:28

as festas son ben cativas,non dades traido nin siquera a Pimpinela,Manolo Escobar ou a Juan Pardo.un pueblo da catejoria de sesures ten que ter boas festas e xuntar como mínimo 12 millóns de pesetas.e a panorama polo que me dixeron anda bastante mal de choio e afloxou os cartos a cobrar porque sinon ese día os musicos tiñan libre para ir a bañarse a playa.as orquestas malas,alkar non da máis de si,é unha carraca vella,foliada ijual,o combo ten un sonido que parese a radio que tiñan antes nas tabernas,a panorama e todo leria barata de aldea,costa oeste é unha das orquestas que menos choio ten en galisia e ten que ir a asturias porque aquí non a queren nin rejalada(e en cesures de listos collemos o que ninjien quere),a unica que moi boa é a chárleston.os da comisión que vaian as festas,que se actualicen,e que vexan cales son as orquestas boa do momento,que a panorama nas festas por Ordes xa non van nin vela.

manolo · 23-06-2008 a las 17:45

A ver Sabariz, unha oportunidade mais para demostrar que efectivamente tes dredibilidade no que á transparencia económica se refire.

A canto ascende a diferencia entre a aportación do concello nos últimos anos as festas e a aprtación do ano pasado?

Previsións para este ano?

manolo · 23-06-2008 a las 17:52

Olvidóuseme, a canto ascende o programa de este ano?

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-06-2008 a las 18:29

A achega do concello na edición do pasado está clara. Hai que restarlle ós 30.000 os 12.000 de donativos.
Noutros anos houbo achegas de moita menor contía (2.000, 1.500 ou 3.000 ?, por exemplo) pero tamén é certo que houbo donativos, as veces de máis de 24.000 ? (rifas, libro, petición polas portas, etc..). Claro que en 2000, 2001, 2002…houbo boas festas. E hai que agradecerlle o traballo ós integrantes das distintas comisións de veciños. En 2005 e 2006 as festas xa foron frouxas e non houbo comisión. Por iso, o ano pasado tratáronse de relanzar con moi pouco tempo porque o anterior goberno non deixou absolutamente nada preparado. Coa busca de votos, coas eleccións e coas maiorías ou minorías, dexou de lado as festas.
Este ano veremos o saldo resultante. Espero «manolo» que ingreses un bo donativo.

manolo · 23-06-2008 a las 18:43

Conclusión, o concello pasou de gastar das suas arcas, de unha media de 2.000? a 18.000?. Cos cartos de todos tamén fago eu boas festas, incluso mellores.Así é moi facil facer festas, imos o peto, collemos cartos, pagamos e listo. Non vou entrar en si o concello debe sufragar os gastos das súas festas, pero hai que recoñecer a laboura da xente que dende fai anos, non so da epoca bng, traballou para sufragar as festas co traballo realizado para xuntar os cartos. Agora, tes que recoñecer que é moi facil tirar da chequera municipal.
A diferencia é enorme Sabariz…

manolo o do bombo · 23-06-2008 a las 20:46

como se nota manolo que sabariz e politico,a el sempre lle salen as contas,sempre ten o as para matar o tres e dentro de un pouco xa esta erre que erre.¿Eu queria ser coma el ,pois pensa que os demais somos tontos?

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-06-2008 a las 22:06

Claro que hai que agradecer o gran traballo de persoas que formaron comisións de festas no pasado. En 2005, «manolo», non quiso ninguén integrar a comisión e, precisamente, fun eu o que plantexei no goberno o tema de abrir a conta. O mesmo ocurreu en 2006 e as orquestras, e as festas en xeral, foron máis frouxas. A decadencia foi moi criticada pola cidadanía. Xa contei o que pasou en 2007 co novo goberno que quiso relanzar as festas.
Por outra banda, recoñezo que de orquestras eu non teño moita idea. Non é o meu, dende logo.
Quero deixar claro que informo de todo o que sei, coa maior claridade posible. Nin minto nin teño ningún «as» na manga. ¿Que recibo críticas? Pois hai que aceptalas. Agora, pasar a tratarme con falla de respecto e con acusacións vai un longo treito.

pedro da cachopa · 23-06-2008 a las 22:55

sr.Sabariz,xa que usté e do ayuntamiento dija aquí,xa que son cartos públicos,canto costaron as orquestas do ano pasado e canto costan as orquestas este ano,e se pode ser o presio de orquesta por orquesta,non se deben ocultar datos,e máis non sei onde di que estas festas son boas,máis ben son ruíns,po ano collo eu a comisión cos cartos do ayuntamiento e fajo un cartel reventa con todo.xa vexo que de orquestas non entendes,entoses como podes decir que as festas son boas,é unha contradición.pa falar hai que saber,eu estou nunha comisión e pateo todas as festas para ver como estan as orquestas,e este ano son malas,malas,malas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-06-2008 a las 23:12

As orquestras do ano pasado creo que tiveron un custo de 24.000 euros, aproximadamente (era un paquete total e non se especificaba o custo de cada unha). Este ano son 23.000 euros en total polas 3 verbenas.
Reitero que eu entendo pouco de orquestras e, segundo as impresións que me facilitaron algúns entendidos, as de este ano son boas. Se ti dis que son ruíns, pois non sei. Imos esperar que actúen.
De tódolos xeitos, considerei as festas boas porque as verbenas son venres, sábado e domingo, como pedía todo o mundo, porque hai unha boa proba de piragüismo no peirao, pola festa do churro…
Si considero que os gastos en orquestras son moi elevados en todas partes.

pedro da cachopa · 23-06-2008 a las 23:25

eses que saben que vaian pa casa.as do ano 24.000 euros é unha autentica burrada de cartos,contrandose a última hora e sendo un domingo e un luns,eu creo que vos enganaron,ou sexa unha media de 6.000 euros por orquesta,cun luns incluído…pero bueno a vos enajanvos,ide a chamar a outros representantes que han de faselo por menos cartos…pero bueno eu que sei, eu sempre chamo a 4 presupuestos e dende lojo non hai esa burradas,nin en Porto jastan eses cartos nas orquestas,e que os de Porto son máis listos que os do ayuntamiento,que con menos cartos fan as festas en ajosto que é epoca máis cara,e contratan dun ano pro outro pa máis.

pedro da cachopa · 23-06-2008 a las 23:29

ou sexa amijos.o ano pasado 4 orquestas: 24.000 euros(tocando pa máis un luns que costa a mitá) e este ano 6 orquestas co sabado (que é máis caro)e coa Panorama polo medio,resulta que custa 1000 euros menos que o ano pasado.Huy,huy,esto cheira mal de carallo.

checha · 24-06-2008 a las 03:51

Contestación do SR Rey sobre as contas do Carme 2007 nun pleno.Gastos 38700 ingresos 11800 aportación do concello 16900.Si as orquestas costaron 24000 ¿en que se gastaron os 14700 euros restantes ? Expliquese Sr Sabariz porque a min non me dan as contas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-06-2008 a las 11:57

Fixen as comprobacións, e as actuacións musicais do Carme 2007 ascenderon a 27.379,20 ?, que comprenden as verbenas do domingo e o luns, e o festival de rock do sábado (houbo que aprazalo para outro día pola choiva). O gasto total das festas ascendeu a 38.727,66 ? e hai que ter en conta o apartado de ingresos.
Houbo outros gastos claro: alumeado festivo (1.879,20 ?), fogo (1.914,00 ?), festa infantil (1.496,40 ?), banda de música (1.900 ?), festa do deporte (535,50 ?) etc…Os datos díronse no pleno e, o que queira pode facer as comprobacións na Casa do Concello.
Por suposto e independientemente da crítica que se realice, estou completamente a favor da transparencia na información, que é algo que non se facía nos últimos tempos do goberno do Sr. Álvarez Angueira.
Agora ben; eu non son nin concelleiro deste área nin voceiro do goberno. Correspóndelle á oposición a fiscalización e a crítica, no seu caso, dos gastos. Lembro que o BNG non permitía ningunha das dúas cousas con obstaculización contínua ás tarefas dos concelleiros que estabamos daquela na oposición.

Responder a manolo Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.