Será ás 21:00 horas e actuarán as bandas de música de Touro, de Bandeira e de Negreira. Este acto está financiado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Deportes
O cesureño Alejandro Pesado gaña a Maratón Popular de Oubiña.
Mais aló do carácter competitivo de calquera proba deportiva, a Maratón Popular de Oubiña superou o pasado domingo o obxectivo fixado pola súa organización, que non é outro que o de elevar ano tras ano o número de participantes na proba. Se no 2007 os 130 atletas presentes na cita fixaban a marca de asistencia na Popular de Oubiña, onte a cota foi elevada ata os 175 corredores.
O máis rápido entre eles foi o cesureño Alejandro Pesado Fernández, que non tivo rival para impoñerse na categoría raíña, a absoluta, con dez quilómetros de percorrido. Orlando Rodríguez e Miguel Daporta completaron o podio masculino, mentres que Silvia Deiro Barcala encabezou o feminino con Aurora García e María del Pilar Pavón ocupando o segundo e o terceiro posto, respectivamente.
O resto dos gañadores foron: Roi Estévez e Nerea Fernández (ata 8 anos); Josua Rodríguez e María Fernández (de 9 a 13 anos); Adán García e Irene Blanco (14 a 19); Juan José Amohedo e Arosa Lubiáns (20 a 30); Evaristo García e Mar Parracho (31 a 38); Benigno Freire e Mercedes Piñeiro (39 a 45); José Álvarez e María José Cacabelos (46 a 55); e Jacobo Buján e Pilar González (de 56 anos en adiante).
Ao termo da entrega de trofeos a organización homenaxeou o ciclista vilagarcián do Karpin Galicia, Gustavo César Veloso, ao que lle entregou un vídeo resumo da súa carreira deportiva.
LA VOZ DE GALICIA, 03/06/08
Deportes
I TROFEO DE DARDOS CONCELLO DE PONTECESURES ESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA
As datas definitivas son: Sábado 7 e Domingo 8 de Xuño.
Lugar: Polideportivo municipal de Pontecesures.
Horarios:
Sábado 7 de Xuño as 18.00h fináis de equipos mixtos – As 21.00 h Fináis de equipos femininos.
Domingo 8 de Xuño as 18.00h final individual mixto – 20.00h Entrega de trofeos.
Inscripción de Valde, Partidas de Valde, 24 máquinas, máis de 150 trofeos (expostos en caixanova), aproximadamente 50 equipos participantes e sorteo dunha cámara dixital e un mp3 entre os asistentes.
Patrocinadores: Concello de Pontecesures, Caixanova, Electrónica Couselo, Diario de Arousa, Trofeos Grevila, Construcciones Martínez Castro, Churrería La Cesureña,Radio Valga e Café Bar Choco.
Organiza: Asociación Cultural San Roque de Porto.
Concello
Ata hoxe a recadación para as Festas do Carme vai en 11.038,75 euros.
Recadáronse polas portas, ata o día de hoxe, 8.938,75 ? e ingresáronse na conta por particulares e empresas, 2.100,00 ?.
Educación
Hoxe ás 20:30 horas charla de Manolo Isorna no CPI Pontecesures.
Será na biblioteca do centro escolar e a charla, dirixida ós pais/nais de alumnos da ESO, tratará sobre o seguinte tema:
ESTILOS EDUCATIVOS. ¿COMO IDENTIFICAR SE O MEU FILLO/A CONSUME DROGAS? ¿QUE FACER?.
Concello
Sabariz acusa al BNG cesureño de «escaparle a los vecinos».
El concejal no adscrito y miembro del grupo de gobierno de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, contestó ayer a las críticas vertidas contra él hace unos días por el BNG. En relación con la aprobación del impuesto de plusvalías, que los nacionalistas criticaron, Sabariz señaló que fue una propuesta conjunta del grupo de gobierno, no sólo suya, y que se trata de una posibilidad legal para incrementar los ingresos públicos del ayuntamiento.
Alega que se explicó la naturaleza e la medida en la comisión informativa y recordó al BNG que durante el gobierno nacionalista se subió el impuesto catastral y la tasa de basura en Pontecesures. «Yo soy el primero en dar la cara para conseguir recursos para el Concello. No hago como los del BNG, que les escapaban a los vecinos, y tenía que ser yo quien daba explicaciónes a los mismos», en relación a la etapa en que Sabariz fue miembro del gobierno local cesureño, junto a Angueira.
El edil no adscrito señala también que «no se puede alarmar a la población» y que de hecho las herencias estarán bonificadas de este impuesto en un 95 por ciento.
Por otra parte, también contraatacó el escrito del BNG, acusándolo de personalismo y de poco demócrata, alegando que la fomaión nacionalista está desorganizada. Reiteró que no es de recibo que el BNG remita un escrito a los medios de comunicación y que después uno de sus concejaes se desmarque de sus contenidos. «Llamar para desmarcarse es una cobardía», afirmó Sabariz.
FARO DE VIGO, 03/06/08