O churro foi o rei da festa.
Ninguén oi pode negar: O churro foi o rei das Festas do Carme de Pontecesures. A celebración gastronómica impulsada polo Concello e seis churrerias artesanas do municipio (Benedicta, Fina, Isolina, Jamardo, Patri e Sandra) convirteuse nun éxito inesperado e logrou congregar na Plazuela a máis dun milleiro de peroas que se marcharon con bo e doce sabor grazas ós 12.000 churros que se repartiron acompañados de chocolate. E todo de forma gratuita. O respaldo popular foi tal que o Concello e os churreiros da vila pensan xa no futuro: é dicir, na segunda edición desta celebración que, por suposto, terá continuidade no tempo e se convertirá nunha das grandes citas do calendario festivo cesureño.
Reportaxe (15 fotografías) no suplemento «O salnés siradella». DIARIO DE AROUSA 13/07/08
0 comentarios