Hoxe, carreira de burros en Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dentro do programa de festas do Santiaguiño, hoxé día 24, ás 20:30 horas, terá lugar a tradicional carreira de burros na rúa Tetuán de Padrón, dotada de importantes premios en metálico. Antes ás 19 horas, a Banda de Gaitas O Barqueiro e a Banda de Gaitas Inllar percorrerán as rúas interpretando alegres alboradas.
Pola noite o grupo de gaiteiros Os Estalotes de Santiago, Os Cangrexeiros de Taragoña e a charanga O Santiaguiño amenizarán ata a madrugada as rúas e prazas da vila.

Categorías: Sociedade

5 comentarios

estudiante · 24-07-2008 a las 10:36

E lojo non correrá «o bufón» de Pontecesures?

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2008 a las 11:27

Pois non, «estudiante». Xa vou maior para correr, e menos cun xinete ó lombo.
Xa van quedando poucos asnos (é un animal entrañable moi ligada á nosa cultura, e desagrádanme que os maltraten) coa mecanización das terefas do campo. Van ser unha especie protexida.

estudiante · 24-07-2008 a las 12:03

Vexo que aceptas e te identificas ben co papel de bufón, pois sin nombrar a ninjén xa contestas ti.
A verdá é que nin a da Escola nin o PP -quitando aljun sobreiras- debaten nada, nin aquí, nin nos priódicos e seica que tampouco nos plenos, xa te encarjas ti de todos e por todos. Por eso che dicía que che reserven un sitio os do bloque nas súas revistas, porque o teu é de medo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-07-2008 a las 12:14

Cada político é moi libre de debater ou declarar o que queira. ¿Non che gusta que interveña, «estudiante»?. Pois non teño que facerlle.

estudiante · 24-07-2008 a las 12:21

Sí é moi interesante que escribas aquí e nos priódicos, pois os outros do joberno nada de nada, nin nos priódicos nin nos plenos, polo menos ti deféndelos a eles, defendeste ti e máis a eles. Se non llo fixeras ti aljo terían que facer ou dicir eles, dijo eu, senón sería un aburrimento. Ti polo menos darnos que ler e que rir e eso está moi ben. sije así, non cambies.

Responder a estudiante Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.