Categorías: Política
Política
O Concello de Pontecesures perde unha subvención de 40.000 €
O grupo municipal socialista confirmou no pleno do pasado luns, que o Concello dirixido polo conservador Vidal Seage perdeu unha subvención de casi 40.000 €. Os socialistas explican que ao abeiro da resolución do 18 Leer más…
9 comentarios
cockydaponte · 6-11-2008 a las 09:25
Hai que foderse…..¿¿a gran esperanza?? non, si agora resulta que vai arranxar os problemas de todo o mundo: eeuu, colombia, cuba, portugal, galiza, almería, ourense, pontecesures…..a ponte….padrón…Estou de acordo en que gañase, i en que para os americanos suporá un cambio interesante, como o que aquí tivemos logo da retirada de Aznar, e da de Fraga….e aínda que do voso concello non sei máis que o podo ler aquí, en Padrón o cambio non foi máis que o de nomina….
Resumindo: ¿ACASO OBAMA NON ? IANKI? Pregunto.
cachote · 6-11-2008 a las 17:01
Totalmente dacordo contigo… menuda palisa na tele , na radio, en internet sobre o tipo este . Q ven sendo, unha especie de mesias?? xa me diras q nos repercutira a nos q goberne este ou o outro abuelete «playmobil» mccain . Se cadra enrollase e pagalles a hipoteca a peña. Home , si alguen mo pode explicar eu acepto todo tipo de opinions , e teño ansia de ampliar conocimientos .
en definitiva, que que nos importara a nos o dos yankis, creo q xa temos bastante co noso, como ben din os vellos : «cada can que lamba o seu carallo»
BNG-PP-PSOE-IP · 6-11-2008 a las 18:13
Seamos serios. Todos sabemos ya que la economía mundial va a rastro de la americana. Pero por si acaso alguien no acepta ese postulado, pregunto yo ¿qué hubiera pasado en Irak si en USA gobernase Obama en vez de Bush y en España gobernase Zapatero en vez de Aznar?. De acuerdo, Obama es yanki, y debemos deducir que todos los yankis son iguales, y por ende, todos los cesureños somos iguales.
Debo estar desvariando otra vez.
Cara de cona · 6-11-2008 a las 20:20
Entón que e a gran esperanza de Padrón….o Santaló?….e a de Cesures? Angueira…jo…jo…jo.. estes do bloque son a esperanza en todas partes para fastidiar a convivencia…en USA todos son piña….os de Nuevo Méjico non teñen nada que ver cos de Maine por exemplo…pero son a mesma nación..e están orgullosos de ser estadounidenses….hainos indios, brancos, negros, mulatos, hispanos vaqueiros, xudeos, mormóns, budistas, son casi un continente enteiro…..aqui sempre a follóns…e todos a discutir…hai que esconder a bandeira española….sácana dos despachos este iluminados….non se pode estudar en español…chamante facha por defender a nación…dame pena todo isto….
O Rei · 7-11-2008 a las 00:47
Iso que chamas nación ten pouco máis de 200 anos. Galicia leva máis do dobre dese tempo sometida á forza ó Reino de Castela (posteriormente Reino de España). Antes diso, cando norteamérica todavía estaba poboada por diferentes tribus de indios procedentes de Asia sen organización/coordinación algunha, Galicia xa ten unha historia de tres veces ese tempo coma Reino independente ou «asociado» a outros colindantes.
EEUU é un conglomerado de xente de distintas razas nas que non abundan os amerindios pero sí os negros descendentes daqueles levados alí para traballar coma escravos e brancos descendentes de europeos levados alí guiados pola avaricia e ansias de poder ou ben fuxidos da xustiza.
Todos eles forman un modelo de nación imposta con calzador, aniquilando ós antiguos poboadores desas terras e marxinando ós poucos que sobreviven en penosas áreas indignas de calquera agrupación humana. Ese é un tipo de patriotismo hipócrita, artificial, xenófobo, racista e ignorante.
Está claro que EEUU xoga un papel lider na economía mundial, pero pregúntome eu ¿que consecuencias positivas ou negativas traería para Galicia que gañase un ou o outro?, doutra maneira, ¿que beneficios se cren os que «apoiaban» a Obama que van obter que non obterían se gañase McCain?
Xoxó · 7-11-2008 a las 04:45
? meu parecer, existen claros motivos para considerar que as eleccións estadounidenses teñen e terán consecuencias, no só en Galicia, senón na Cochinchina e outras partes de mundo. Ahí van uns puntos para o debate:
1) Coma exemplo máis claro empezo polo peto. Hai ano e medio saíu a flote nos USA a historia das hipotecas «basura». Mentres, por Galicia inda había bonanza. Agora Galicia está a punto de entrar en recesión e cun paro que disque pode chegar ó 15% no conxunto de España. Sen ir máis lonxe, en Citroen-Vigo as vacacións do Nadal empezan este ano o 11 de decembro.
Podemos seguir pola inxección de cartos públicos (dos galegos tamén) ó sistema bancario español por parte do goberno, a depreciación do Euro, a recesión inminente na UE, etc. Este punto daría para un vademécum, así que non vou seguir por aquí.
¿Como pode afectar a elección de Obama a Galicia neste asunto? A diferencia de McCain, Obama pretende regular os mercados. De feito, Obama foi insultado co termo «socialista» pola campaña de McCain por falar de regulación. Espérase que nun mercado «controlado» sexa máis difícil a avaricia a curto prazo de sistemas bancarios e financeiros desregulados que os leven á súa propia bancarrota para que despóis os gobernos teñan que rescatalos e evitar que a poboación, á súa vez, entre en bancarrota.
En fin, parece certo eso de que cando os USA espirran, o mundo colle unha boa. As reformas económicas de Obama centraranse en evitar que os USA volvan espirrar o que, sen dúbida, terá un impacto positivo para Galicia a medio-longo prazo.
2) Unha das cuestións centrais da campaña ianqui foi a dependencia petroleira. Os USA consumen actualmente ó 25% do petróleo mundial e, en consecuencia, producen ó 25% da polución mundial derivada do petróleo. McCain propuso como solución o «perfora, baby, perfora» nas terras e nas costas dos USA para non ter que comprarlle o petróleo a Irán e Venezuela e seguir contaminando o mundo. Pola contra, Obama basa o seu plan enerxético na inversión en investigación en enerxías alternativas que, a longo prazo (el propón 10 anos) eliminaría a dependencia do petróleo porque, simplemente, non fará falla. Pode ser utópico, pero por ahí se empeza. Por certo, parte de esa inversión estará destinada a investigar tecnoloxía de «carbón limpo» e regalarlle a China esa tecnoloxía para que deixe de producir as inxentes cantidades de CO2 que produce (o 80% da polución china, que non é pouca, provén da queima de carbón).
Finalmente, prevese que baixo o mandato de Obama os USA se comprometan a reducir emisións e firmar protocolos tipo Kioto ou o que veña despóis de 2012. A política de McCain sería máis «independente», é dicir, pasarse polo forro Kioto coma fixo o goberno de Bush.
¿Como afectará o futuro presidente a Galicia? Pois, cando non gris, o ceo seguirá sendo azul (se Finsa o permite) e poderemos seguir bañándonos na Lanzada por moitos anos. Ademáis, apostaría un viño a que dentro de 10 ou 15 anos estarase usando tecnoloxía «limpa» en Galicia desenvolta nos USA durante o mandato de Obama.
3) Das guerras, para que falar. ? veterano McCain non lle chegou con que lle romperan as clavículas en Vietnam (de ahí o do playmobil), senón que está ansioso de batallitas con Irán, Venezuela e Corea do Norte, e quérelle buscar as cóxegas a Rusia. Pola contra, Obama está aberto ó diálogo sen condicións con todos eses países (os USA non falan con Irán dende 1980), algo polo que foi criticado polos republicanos que prefiren o material bélico.
¿Como afectará a elección de Obama a Galicia? En primeiro lugar, evitaremos situacións vergoñentas coma que un presidente español mande soldados galegos a buscar armas de destrucción masiva a Irak. En segundo lugar, a destabilidade económica mundial (tamén galega) a curto-medio prazo estaría garantizada se se vai á guerra con Irán ou calquera outro país. Nin que falar das consecuencias de buscarlle as cóxegas a Rusia. Por último, os venezolanos (con todos os seus galegos), poderán decidir internamente o que queren, sen inxerencias do norte.
4) Programas de investigación científica. Os USA son o referente mundial de investigación no século XX. Sen ir máis lonxe, se agora estou escribindo nesta páxina e existe a WWW é gracias a inversión gubernamental ianqui na investigación que dou orixe á rede. Nos tempos modernos, e por poñer un só exemplo, Obama está a favor da investigación con células nai, algo vetado por McCain.
¿Cómo afectará a elección de Obama ós galegos? Pois ó millor, cando me saia un cancro non morro del grazas ós científicos pagados polo goberno estadounidense baixo o mandato de Obama para que investigaran na prevención ou cura de enfermedades hoxe en día incurables. E coma son galego, temos outro exemplo de impacto para Galicia.
Ahí quedan catro exemplos. ? meu xuizo, a elección presidencial nos USA afecta a todo o mundo. Inda diría que Obama vai ter máis influencia en Galicia que Zapatero 🙂 Non só eso, se non que se realmente resulta que trae un modelo político-económico novidoso e positivo, será exportado en maior ou menor medida á maioría dos gobernos occidentais, como ven sucedendo dende que estableceron a primeira «democracia moderna» alá polo 1789.
Outra cousa é, coma ben di Cachote, que os medios de comunicación bombardeen cun tema que queda lonxe, e cheguen a resultar cansinos. Pero a culpa non é de Obama.
Ahí queda eso.
O Rei · 7-11-2008 a las 15:22
Sigamos con demagoxias pois. Está claro que o que pase en EEUU afecta ó resto do mundo. Está claro que quen mande alí ten a súa influenza no resto, e nese resto incluímonos nós.
Tamén é ben certo que nos afecta quen mande en Arabia Saudí e en tódolos países da OPEP.
– Aféctanos que haxa conflicto no Líbano ou en Liberia polos soldados galegos que o goberno español (por ??suxerencia? da ONU) pode mandar alí en misión de paz.
– Aféctanos, e en que medida, que Canadá prohiba pescar nos seus caladoiros a pescadores galegos ou que Mauritania ou Angola non respecten os tratados sobre pesca nas ??súas? augas.
– Aféctanos que a cota láctea sexa inxusta para os productores galegos, e iso depende da UE.
– Aféctanos (para ben ou para mal) quen goberne en Colombia e que a súa loita contra a droga sexa máis ou menos contundente.
– …
Todos estes son exemplos máis preto de nós, máis de ??andar por casa?, non tanto de demagoxias coma ??loitar contra a pobreza e as desigualdades no mundo? e nos que a influenza dos EEUU non é palpable, a pesares de poder existir nalgún caso.
Neste mundo globalizado (… mellor dito globalizándose) está claro que nos afecta o que pase case en calquera parte do globo, e niso, o que pase ou quen mande en EEUU ten unha grande importancia, como a leva tendo nos últimos case 200 anos.
Con todo isto quero dicir que as eleccións en EEUU son sen dúbida importantes para todo o mundo (realmente non tanto para os 1300 millóns de chinos que sufren o seu, pero non a crise que vive o resto) pero que a quen afectan directamente é a eles mesmos. O resto podemos estar simplemente máis ou menos dacordo xa que entre outras cousas … non podemos votar!
? final é o de sempre, hai determinadas noticias que os controladores mundiais dos medios queren que nos interesen, e por repetición (o bombardeo tan recorrido por Gerorge Johnie Walker Bush ;-)) consígneno, quizais para olvidarnos doutras cousas menos interesantes para eles. Polo tanto esa é una noticia que creo que para nós non se lle debería dar máis importancia que a que ten saber si Durão Barroso é o presidente da Comisión Europea ou si Aznar pode optar ó posto, ou si se volverá presentar Don Manuel ás eleccións………………galegas neste caso.
Ha det bra
Tiroliro II · 7-11-2008 a las 19:16
Boa a armou Cara de Cona, dexádevos de teoría e de caralladas, nacións impostas?, a min os do bloque impóñenme as galescolas a collóns, van a HAbana de coña cos meus cartos a tomar mojitos, e téñome que joder.
O Rei · 7-11-2008 a las 23:41
Por sorte «Cara de cona» non arma nada. Simplemente cando hai un tema que se pode discutir (de maneira saxona) intercambiando opinións e disparidade de pareceres, faise, coma se fora en familia.