A pasada madrugada entraron a roubar en «A Taberna» da rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Pola parte traseira, dende o camiño que vai por detras da piscina municipal da rúa Eugenio Escuredo, entraron a roubar neste establecemento, derrubando uns ladrillos que foran colocados hai pouco tempo tapiando unha pequena ventá, por razóns, precisamente, de seguridade.
Romperon os asaltantes dúas máquinas recreativas (a dos dardos e outra) e a do tabaco, levando a racadación das máquinas máis o tabaco desta última. Tentaron levar a televisión pero non o lograron rompendo o receptor.
O propietario percatouse do roubo cando ía abrir sobre ás nove e media de mañá. Foi presentar a denuncia e non pudo abrir o establecemento ata pasadas as dúas da tarde na que tomaron pegadas no lugar, as forza da orde. Ademais do prexuizo económico do roubo, o establecemento perdeu una importante mañá de traballo no día de San Lázaro, con moita xente en Pontecesures.

Categorías: Sociedade

26 comentarios

proteston · 29-03-2009 a las 19:12

Señores del gobierno no piensan tomar medidas respecto los robos.Y no me vengan diciendo lo de siempre, que ya fueron a hablar con el gobernador civil y esta parrafada que dicen.Esto tiene que tener otro tipo de medidas.Tendremos que tener policía local de noche.Esto no se puede consentir.Busquen los medios para conseguirlo y dejense de gastar tanto dinero en fiestas y destinen un poco más a la protección de sus vecinos.Si tienen que contratar más policía municipal contratenla que ya va siendo hora.¿Que pasa como por ahora no le entraron en ninguna de sus casas y no les preocupa?Esto es una verguenza.Hagan el favor de ponerse las pilas en este tema.Pero ya veo que lo unico que les interesa es gastarse los cuartos en la lamprea y en los coches.No se puede consentir que un negocio como A TABERNA lleve medio año trabajando para pagar los daños de los robos.Y siguen sin hacer nada.Porque si no me equivoco debe de ser el noveno o decimo robo.Intentaron poner las medidas que estan en sus manos pero estes hosteleros ya no pueden más.Dejense de tanta farandula y ponganse a trabajar en serio en este tema.Monten un cuerpo de policía local.Ya que lo de este pueblo parece es de VERGUENZA.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-03-2009 a las 20:51

Todos estamos expostos a que entren nas nosas casas, «proteston». A seguridade cidadá é competencia das Forzas de Seguridade do Estado e será moi dificil contar en Pontecesures con seis ou sete policías para ter unha quenda de noite. Ademais tamén hai roubos de día. ? un problema que está entre os principais da cidadanía neste país cando se contesta calquera tipo de enquisa. Con ler os xornais vemos o que pasa de cotío en cidades grandes ou pequenas vilas, co tema dos roubos, timos, atracos, etc…. Hai outro problema importante que é o da normativa. Segundo a miña información os catro detidos de Padrón e de Vilagarcía, que colleron onte, e foron postos a disposición xudicial por roubos na zona, xa están na rúa. Sobran comentarios.
? moi doado facer política con estes temas, «proteston». Véseche demasiado o plumeiro. ¿Ou entre 1999 e 2007, non houbo roubos?

po · 29-03-2009 a las 21:21

parece mentira

ROLAR · 30-03-2009 a las 15:47

Vaia resposta Sr. Sabariz!, Non di nada e ademais desprecia a quen lle pregunta! O índice de delincuencia de Cesures subeu moitísimo nas últimas semanas, e o equipo de goberno pode e debe facer máis que unhas cantas chamadas á Delegación do Goberno. Se o único que saben facer son festas e poñer catro farolas, deixen a outros que fagan o seu traballo. As excusas que pon, que a xustiza non funciona ou que os anteriores non fixeron nada, dan fe da súa incapacidade e dos seus socios para afrontar este problema.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2009 a las 17:41

Non é o meu costume desprezar a ninguén. Na suba do índice da delicuencia pouco temos que ver. Seremos incompetentes, pero as farolas que se van poñer no centro non son catro. Son máis de cen en cincuenta catenarias. Non ridiculices a xestión «ROLAR».

Martin T. · 30-03-2009 a las 20:57

Eu non entendo:

– «Na suba do índice da delicuencia pouco temos que ver», ¿quén vos votou a culpa de que subira o índice de delincuencia? só vos están pedindo que fagades todo o posible na seguridade do pobo. ¿Tan difícil é de entender?

– Poderíasme decir os «pros» das novas farolas, por que eu vexo duas «contras».

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-03-2009 a las 21:37

Nós, «Martin T.», enviamos escritos á administración do estado (por certo, hai bastantes gardas civís agora polas noites) e denunciamos os feitos. Xa dixen que habería que ter moitos máis policias locais para que houbera unha quenda de noite. Polo de agora non é posible.
Respecto ás farolas, hai que esperar a que se poñan todas as catenarias e velas acendidas. Esta fin de semana quedaron funcionando nove o dez seguidas na rúa Portarraxoi, e realmente quedaba o alumeado de marabilla. ? a miña opinión, claro, pero cada vez hai máis xente que di o mesmo.

Martin T. · 30-03-2009 a las 21:59

Eu o que vexo no tema da seguridade é que non facedes o suficiente, xa que todo segue igual.

Unha vez máis gustaríame escoitar toda esa xente que ti dis (? a miña opinión, claro, pero cada vez hai máis xente que di o mesmo), por que eu o que escoito é todo o contrario. Na miña opinión eso de que a alumeado estaba de marabilla… como siga na mesma liña… mal o vexo.

fransisko · 31-03-2009 a las 12:16

Porqué nom é posibel contar con mais policia local pola noite?
E hai máis garda civil,si…pero os asaltos prodúcense de madrugada 4,5 ou 6, nom ás 12 da noite que é cando os vemos por ahí.
Hai que implicarse máis e deixarse de tanta farolada,lampreada e cochiños antigos.Um saúdo

Tachenko · 31-03-2009 a las 12:21

S. Sabariz, pareceme moi desafortunada a sua resposta a proteston, sobre todo vindo dun mandatario municipal.
A realidade esta ahi, e Cesures parece o Bronx. Non sei con que gañas poden pagar os impostos as persoas afectadas por estes sucesos, eralle mellor con eses cartos comprar unha escopeta ou andar con pistola o cinto, e o que lles queda, porque por eles nadie fai nada…

sofia · 31-03-2009 a las 14:12

me parece increíble lo del señor sabariz lo que hay que hacer es todo lo posible para que no pasen estas cosas en nuestro pueblo.hay empresa de seguridad lo sabia no solo para organizar fiestas de coches

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2009 a las 15:49

¡Qué vueltas da la vida!. Hace años algunos decían que las denuncias exageradas de Sabariz acababan con el pueblo, que la villa estaba tomada por la Guardia Civil, y otras muchas lindezas. Ahora, alguno de aquellos ya dice todo lo contrario.
Empieza, claro, la utilización política de la oposición y de sus simpatizantes con este asunto de la seguridad ciudadana. Es muy fácil y demagógico decir que no se haga nada y criticar de paso las celebraciones de este fin de semana. Pues hay que seguir adelante.

sofia · 31-03-2009 a las 21:11

seguro que le da mas importancia a los chicos del botellón que los robos que esta habiendo en en pueblo(que no quiero decir que no es importante)
esto es una vergüenza y escuchar lo que dice usted mas

Martin T. · 31-03-2009 a las 22:04

¡Qué vueltas da la vida! ¡é máis voltas! ¡é máis voltas! ¡é máis voltas! ¿que podemos deducir de iso Sabariz? eu deduzo que actuas o revés.

Sobre o segundo párrafo do teu comentario, estasme relacionando co BNG, e iso está moi mal feito e non me gusta nada. Pídoche que a próxima vez teñas máis coidado ¿vale?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-03-2009 a las 22:36

Parece que non che gustan os meus comentarios, «Sofía». Pouco podo facerlle. ¿Que lle dou importancia aos chicos do botellón, como dis?. Pois mira, realmente teño constancia que se presentou a denuncia sobre a entrada ao ximnasio, e ignoro o que ocurreu coas dilixencias, declaracións, etc… O feito de forzar a porta da instalación non me gustou (como a ningúen, imaxínome), pero as actuacións agora correspóndenlle as forzas da orden ou ás autoridades xudiciais.
Non «Martin T.» estás errado. Eu considero que os simpatizantes da oposición son aqueles que din que non se fagan actividades ata que se arranxe o tema da seguridade, e mesturan os actos festivos da vindeira fin de semana. E ti, polo que vexo, non escribiches iso. Lamento que o tomaras así. Desculpas.

Tachenko · 1-04-2009 a las 07:40

Sabariz, dille o Sheriff «Walker» que non se adique tanto a multar por aparcar en sitios onde non se lle estorba a ninguen na maioria dos casos, e a tocar as pelotillas a xente de ben, que deixe as poses de modelo e saque as gafas de sol,e que corra un pouco detras dos mangantes, que e o que ten que facer.

manolo o do bombo · 1-04-2009 a las 14:20

EU NON DISCULPO,os rapaces pois esta mal o que fixeron,pero o da señora alcaldesa e as que estaban con ela e moi grave,Sabariz polo que vexo tes duas varas de medir.

manolo o do bombo · 1-04-2009 a las 14:24

ESta non e a noticia de este comentario, si para o do botellón,disculpas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-04-2009 a las 16:07

¿Dúas varas de medir?. ¿Por que?. «manolo o do bombo», hai uns feitos como a entrada nun edificio público forzando a porta, unha denuncia do concello para defender os intereses de todos polos danos, e agora espero que se realicen os trámites que correspondan por parte das autoridades gubernativas e xudiciais.
Non sei a que veñen eses comentarios despectivos sobre a Policía Local, «Tachenko». Teñen que facer o seu labor por ingrato que sexa, e non merecen estas faltas de respecto.

Tachenko · 3-04-2009 a las 07:46

Non creo que lle faltase ó respeto a nadie, traballan para o povo e creo que estan expostos a crítica. Ingrato tamen e o meu traballo e supoño que o de moita xente, pero supoño que cobrará, ¿non?.
Que lle axude á policia local o xusticieiro do botellon ese, ( que non defendo o sucedido, xa que me parece que eses rapaces non teñen moito sentido),que a alevosia o mellor non lle vale no curriculum para o cargo, pero si a «nocturnidade».
E ademais xa non lle habería que mercar pistola…

espanta · 3-04-2009 a las 09:41

Tachenko, aquí o que decide o que está fora de lugar, é Sabariz, gusteche ou non. Aquí e en todo o pobo. Si el considera que eres un maleducado por faltarlle ao respeto á policía local, queda dito e punto. A actitude chulesca e pouco humilde, que baixo o meu punto de vista demostra ese señor,forma parte do protocolo que como ves rodea aos nosos representantes.

Respecto a «las vueltas que da la vida» decirle al Sr. Luis Angel Sabariz Rolán, que efectivamente, la vida da muchas vueltas. Y tantas como para demostrarle la diferencia entre aquel pueblo de delincuentes que hace años nos pretendía hacer ver con inagotables notas de prensa y visitas al subdelegado del gobierno incluídas, (Sabariz en la oposición en vísperas de las elecciones),y el pueblo de hoy del cual no hay nada que explicar.

Si se fai todo o posible ou si se facía por entonces, non o sei, nin o vou saber porque mo expliques, pero o que teño claro e que «fácil e demagóxico» decir que non se fai nada foi para ti en aquel momento, e a oleada de roubos destes tempos non ten antecedentes no pasado que eu recordo deste concello.

Tachenko · 3-04-2009 a las 10:48

Totalmente dacordo. Estaba pensando eu tamen que podian xestionar dende o concello a obtención do record «Guinnes» no referente o ratio «Nº de habitantes/actos delictivos», penso que a este ritmo este ano estaría conseguido. Si se apura a tramitacion poderia recoller o premio a alcaldesa nas festas do Carmen subida no palco.

espanta · 3-04-2009 a las 10:58

Incluímos os actos vandálicos do cuadradillo?, ou eses pasan para o concello veciño?
Retención ilegal está considerado delito? e se vai acompañado de amenazas de arma? sumaranse acontecementos recentes á lista de actos delectivos?

cantas dudas…

Tachenko · 3-04-2009 a las 14:43

Bueno, si non conseguimos salir no Guinnes da delincuencia, tamen podemos sair no telediario por ter un grupo paramilitar e armado velando pola seguridade do povo, claro que en vez de cazar leons, cazan gatos…

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2009 a las 21:08

Vexo que se me cualifica como chulesco e pouco humilde. Ademáis critícase que saia en apoio da Policía Local. ? o de sempre, e xa estou acostumado.
Pouco máis teño que dicir sobre este tema de seguridade cidadá. Denunciei e seguirei denunciando os ataques aos bens de todos, e solicitei e solicitarei reforzos das forzas de seguridade do estado. ? a miña obriga

Tachenko · 13-04-2009 a las 11:06

Agora no Katamaran e na casa do lado. Pois nada, sigue chamando, que os ladrons siguen roubando…

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.