Sociedade
A estrada Pontecesures-Vilagarcía estivo cortada ao tráfico na madrugada do xoves, 14 de xaneiro.
Foi entre ás dúas e as sete da madrugada pola caída de pinos e eucaliptos en Bamio, en Catoira e no alto de Cordeiro, coma consecuencia da forza do vento.
Sociedade
Protección Civil de Valga tívose que empregar a fondo na madrugada do xoves.
Tiveron que retirar marquesinas de autobuses que se desplazaron ata o centro das estradas por mor do vento, e tamén retirar árbores caídas en estradas secundarias, na PO-548 e na N-550.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA
Estes son os partidos que os equipos do noso club van xogar esta fin de semana:
SENIOR: Sábado ás 19.30 h. en Vilagarcia contra el Doce Sequeiros.
CADETE: Sabado ás 12 en Pontecesures contro o BBC A
INFANTIL FEMININO: Domingo ás 19 h. en Pontevedra, contra o Arxil.
Os outros 4 equipos non xogan esta semana. Os Xunior tiñan descanso, e os infantís e alevíns non teñen xornada pola concentración alevin deste domingo en Tui, de seleccións zonais, organizada pola federacion galega. A esta concentracion acude na categoria feminina a nena do noso club Antia Sanmarco, representando a Arousa.