Bando de conservación dos edificios.
De acordo co artigo 27 do vixente PXOM sobre o deber dos propietarios da conservación dos edificios, polo presente requírese a aqueles titulares de inmobles con fachadas á vía pública e que as mesmas presentan deterioros en todos ou en parte dalgúns dos seus elementos; sendo a anomalía máis frecuente a rotura de caneiros e baixantes das augas pluviais, as cales verten directamente sobre a beirarrúa producindo serios prexuizos na vía pública.
Por elo e tendo en conta que a empresa «Construccións Caamaño» está rematando as obras de reposición de beirarrúas e outros servizos, e que previamente instaláronse as conexións de pluviais; que naquelas edificacións que precisan principalmente repoñer os caneiros e baixantes, os propietarios poden solicitar a súa reposición á citada empresa, se ben, tamén io poden facer a través de profesional da súa confianza, rogando deste xeito que as actuacións que se teñan que realizar nos inmobles non sexan demoradas no tempo, creando así graves prexuizos e malestar da veciñanza en xeral.
0 comentarios