O concello concedeu hoxe licenza para o derrubo da vella cheminea de Nestlé.
A Xunta de Goberno Local concedeuse hoxe a Nestlé España S.A. licenza para derrubo da cheminea antiga da fábrica. Esta cheminea de ladrillo ten 48 metros de altura e 4,50 metros na base e 2,28 na coroación, cun tiro inicial de 18 metros de alto. Este elemento non se utiliza dende hai anos, presenta moi mal estado con fisuras e desprendemento de materiais e ten un acusado desplome no cumio que nos días de forte vento lanza varios cascotes con perigo de accidentes para o persoal.
Na mesma sesión, concedéronse tamén as dúas licenzas seguintes:
-A Plácida Castro Magariños, para rehabilitar o edificio para 4 vivendas e locais na rúa Víctor García, nº 20, esquina Novo Núñez nº 1 (antiga Casa Castaño). logo de contar coa autorización de Patrimonio da Xunta.
-A Isabel Jamardo Rodríguez, para cerramento de porche e modificado de alzado na vivenda da rúa Doutor Mosquera, nº 24.
0 comentarios