O Clínico de Santiago non facilitou información sobre o estado da muller ferida esta mañá con un coitelo.
O Hospital Clínico de Santiago non facilitou información sobre o estado de M.G.S., de nacionalidade arxentina e nada en 1982, que na mañá do venres, 5 de marzo, foi evacuada en helicóptero dende as proximidades da EDAR de Pontecesures ata dito centro sanitario.
O ferida vive no 3ºB do edificio situado no nº 30 da rúa San Lois de Pontecesures e dende alí foi levada en ambulancia, participando no traslado a Policía Local de Pontecesures e voluntarios de Protección Civil tamén desta localidade. Ao parecer a xove, que está embarazada, autolesionouse no abdomen.
O suceso causou un gran impacto na vila, e as forzas da orde seguen coas investigacións sobre o sucedido.
0 comentarios