De novo fallou o alumeado público das rúas Portarraxoi e San Lois.
Ao estar apagado este alumeado na noite deste sábado, comunicouse a circunstancia á empresa que instalou o mesmo hai uns meses. Arestora (23 horas) xa está en funcionamento.
Os fallos deste alumeado central está a preocupar ao goberno local pois ya foron varias as ocasións nas que salta o limitador do cadro e as luminarias non se acenden. Todo indica que vai ter que facerse unha obra de separación da alimentación deste alumeado doutros existentes segundo fontes da empresa instaladora.
0 comentarios