O legado do millo de Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Albina exerceu de mestra para explicar que é e como nace o millo co que se fai o pan no patio do Ferro Couselo.

Os rapaces do colexio Ferro Couselo de Cordeiro, en Valga, viviron onte unha xornada de aprendizaxe diferente. O millo e todo o seu proceso ata convertelo en pan para o consumo ven sendo explicado polos maiores da zona aos cativos. Onte houbo máster. Os máis veteranos aproveitaron que os rapaces sacaron os pupitres ao patio para explicar, paso a paso o ritual. Dende a semente, ao proceso de debullar os grans para acabar cocendo a pasta con diferentes formas. Houbo tempo para o lecer. Grandes e pequenos compartiron experiencias, conversas e trucos. Os xogos, cos carozos, tamén foron protagonistas, e é que en Valga apostan decididamente por perpetuar este saber. O certo é que este labor espállase por todo o calendario. Durante todo o ano os estudiantes perciben coñecementos dos seus antecesores. Neste proceso hai protagonismo dos animais, da recolleita, da malla e dos traxes tradicionais cos que os antergos facían estes traballos.

LA VOZ DE GALICIA, 05/06/10

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.