O 4 de agosto remata o prazo para a presentación de ofertas para a adxudicación da obra da rúa Deputación de Pontecesures.
No BOP nº 130 do 15 de xullo de 2010, foi insertado a anuncio de contratación da obra «Acondicionamento E.P. 8601, rúa Deputación de Pontecesures» que ten un importe de 795.911,23 euros e que se financia polo organismo provincial e polo Concello de Pontecesures que utiliza unha parte dos fondos asignados polo plan anticrise da propia deputación.
O prazo de presentación de ofertas neste procedemento aberto, remata o 4 de agosto esperando que se activen os trámites para que esta obra tan necesaria (esta rúa vai ir dotada con novos servizos de auga, saneamento, alumeado, beirarrúas, todo o cableado soterrado, etc…) sexa unha realidade canto antes, previa adxudicación pola Deputación de Pontevedra. O prazo de execución da obra é de doce meses.
0 comentarios