Vai ser arranxada a obra de Llerena na Piscina.
Na Piscina Municipal de Pontecesures foi colocada, cando se inaugurou nos noventa, una obra do ilustre ceramista cesureño, José Llerena Ferro titulada «A Serea», que foi danada polos vándalos xa hai moito tempo arrincáronlle a faciana e os peitos, como se pode apreciar na imaxe.
Pois ben; despois das conversas mantidas co autor, o Sr. Llerena, que impartiu moitos cursos de cerámica en Pontecesures vai arranxar a figura adquirindo o concello de o compromiso de instalar un cristal laminado doble de seguridade (de 2,26 de altura por 1,10 de ancho) para protexer o monumento, deixando a marxe lateral para a ventilación.
O goberno local, ademais de agradecer o detalle do artista cesureño arranxando a figura, felicitase ao resultar satisfactorias as xestións. Sempre é importante conservar o patrimonio cultural da vila.
0 comentarios