Sintonización da TDT en Pontecesures.
O Xerente de Negocio Noroeste de ABERTIS TELECOM, Alfonso Juan Álvarez Villamarín, ven de comunicar ao Concello que por motivos de planificación radioeléctrica, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información (SETSI) informou aos radiodifusores unha modificación das canles asignadas para o reemisor de Padrón, situado no Monte de Meda. Por iso ABERTIS vése na obriga de modificar a seguinte canle de emisión no centreo emisor da TDT que da cobertura ao municipio de Pontecesures.
Canle actual: 55 UHF (sintonízase Cuatro, La Sexta, 40 Latino e outros).
Nova canle oficial: 67 UHF
Data prevista para o cambio: Primeira quincena de agosto.
Esta nota publícase aos efectos de que os cidadáns teñan tempo de modificar as súas instalacións domésticas e resintonizar os seus televisores.
Para consultas a empresa facilitou o número de teléfono 981/041323.
Lémbrase que en Pontecesures son cada vez máis os que sintonizan a TDT polo Monte de Meda, pero aínda quedan algúns que a sintonizan por Catoira.
0 comentarios