André Oliveira loitará mañá con David Cal por facerse co posto no C-1 200.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A confección da selección nacional que representará a España no vindeiro Campionato do Mundo Absoluto de Piragüismo cociñose a fogo lento.
Os primeiros integrantes da expedición saíron do Europeo Absoluto de Trasona. Os medallistas da cita continental gañáronse coas súas preseas o dereito a competir en augas polacas mes e medio despois, do 19 ao 22 de agosto. A partir de aí sucedéronse os controis selectivos.
O primeiro, o 23 de xullo, clasificou a David Mascato xunto co palista do Tudense José Luis Bouza para o C-2 1.000, e a Tono Campos e Damián Ramos para o C-4 1.000. O segundo foi o disputado onte. E o terceiro é o que mañá dirimirá o nome do representante español nas probas de canoa individual en distancias olímpicas.
De novo nas augas pontevedresas de Verducido, David Cal loitará en duelo particular por copar tanto a praza dos 1.000 metros como a da nova distancia olímpica, os 200. No primeiro caso, a partir das nove da mañá, con José Luis Bouza coma adversario. Se este gaña Mascato terá que buscar novo compañeiro para o C-2 1.000 en Poznan.
Dúas horas máis tarde, ás once da mañá, quen tentará desbancar ao tetramedallista olímpico será o cesureño André Oliveira. Como Bouza no 1.000, Oliveira xa foi quen de superar a Cal o 12 de xuño no selectivo para o Europeo Absoluto. Daquela, por 614 milésimas de segundo.

LA VOZ DE GALICIA, 12/08/10

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.