SOS do Casino-Sociedade Cultural de Padrón.
A pesar da boa intención que sen a menor dúbida anima os que en difíciles momentos se fan cargo da dirección de entidades, non sempre se consegue o resultado desexado. Este é o caso, como agora se está a comprobar dada a mala situación por que vén atravesando, do que foi noutros tempos o vello e entrañable Casino, nos derradeios anos reconvertido na actual Sociedade Cultural Padronesa.
A falta de actividades que puideran espertar interese entre os seus asociados, que actualmente carecen de servizo de cafetería nin contan no mantemento do resto das dependencias cos servizos que debe prestar a Sociedade, deixa que unicamente se manteñan uns mínimos que defende persoalmente o secretario da xunta directiva, señor Forján.
Tal situación levou incluso a causar a baixa dun grupo importante de socios polo que cremos resulta urxente facer «algo», como por exemplo podería ser que o actual presidente convoque unha reunión extraordinaria coa idea de enfrontarse coa realidade, para ver de atopar unha solución antes de que o problema vaia a maiores e como algúns temen se poida chegar ata o peche definitivo dunha sociedade tan emblemática na vida dos padroneses.
Foi constituída no ano 1938 como Casino de Cabaleiros grazas a un grupo ou peña de amigos que adoitaban reunirse no antigo café bar Iria (hai anos desaparecido), aquel vello e único café por entón existente na vila de Rosalía, e do que tamén algún día falaremos.
A Sociedade Cultural Padronesa, nome co que se veu substituír o antigo Casino, é a única deste tipo na actualidade existente en Padrón e o deber da directiva e de todos os seus socios debe ser a procura por todos os medios posibles de evitar a ameaza de desaparición como dicimos de tan significativo centro para os padroneses e por cuxa tribuna levan desfilado a través dos anos conferenciantes e sobranceiras figuras galegas e nacionais que honraron coa súa presenza e intervención a nosa cultura.
José Castro Cajaraville (Padrón)
TIERRAS DE SANTIAGO, 17/08/10
1 comentario
Cara de cona · 20-08-2010 a las 19:43
De cultural pouco…..quitan a priva do bar e a sociedad vai o carallo…….a cultura neste pais sin non e subvencionada…….non vai unha rata a ningun acto…moito falar…..moita progresia….moita modernidad….pero a hora da verdad mola o botellón e o cubata….a cultural morrera