O senador do BNG, Pérez Bouza denuncia que o ministerio de Cultura aínda usa topónimos como «Puentecesures».
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, denunciou esta mañá en rolda de prensa ??as barbaridades? que a Administración do Estado está a cometer coa toponimia oficial de Galiza con ??perlas do estilo de ??Junquera de Ambía?, ??El Bollo?, ??Poyo?, ??Monasterio de Osera?, entre outras moitas, e que achegamos nun arquivo.
Xosé Manuel Pérez Bouza puxo de manifesto que ??as reiteradas vulneracións da toponimia oficial de Galiza por parte do Estado é unha mostra clara e evidente da falla de respecto para con Galiza, para coa cidadanía galega xa que a nosa toponimia forma parte do patrimonio dun pobo?.
Explicou que ??é na páxina web do Ministerio de Cultura, en concreto, na fiestra pola que se accede ao Patrimonio Histórico e de aí aos Bens Culturais Protexidos, onde atopamos auténticas barbaridades na escrita dos nosos topónimos?. O senador do BNG sinalou que se parte de ??Orense? ou ??La Coruña? para logo cometer sinsentidos do tipo: ??PUente de Bibey?, ??Junquera de Ambía?, ??Ordenes?, ??Puebla del Caramiñal?, ??Villanueva de Arosa?, ??Caldas de Reyes?, ??Puentecesures?, ??Vivero?, ??Lorenzana?, entre outras moitas?.
MÁIS GALICIA DIÁSPORA, 20/09/10
0 comentarios