Papá Noel percorreu os lugares de Pontecesures o pasado venres.
Na mañá do día de Noiteboa, Papa Noel na compaña de varios nenos, fixo un percorrido nunha carroza por varios lugares de Pontecesures para entregar caramelos aos nenos da vila.
Encabezada pola Polícia Local y pechada por Protección Civil formouse unha comitiva que pasou por Grobas, Fenteira, Carreiras, Condide, Infesta, San Xulián, Porto, rúas centrais e A Plazuela onde nenos e maiores recibiron caramelos e agradeceron a visita de Papá Noel con vítores e aplausos.
Esta foi unha das actividades organizadas polo Concello de Pontecesures incluída da programación do Nadal 2010.
0 comentarios