Conexións ao alcantarillado na rúa Eugenio Escuredo.
No día de hoxe comezaron os traballos para conectar á rede do alcantarillado ás acometidas do edificio do Club Náutico, da Piscina Municipal e dun edificio de vivendas con entrada pola rúa Sagasta. Esta rede xeral é a que vai pola rúa Eugenio Escuredo ata a depuradora municipal dende os bombeos do Telleiro.
Tanto no edificio do Náutico como na piscina estanse a realizar obras nos interiores necesarias para conducir as augas fecais ata a rede de saneamento.
Pontecesures, 10/02/11
0 comentarios