O día 3 elección do representante dos comerciantes na Mesa Local do Comercio de Pontecesures.
Dende o Concello foi enviada aos comerciantes cesureños o seguinte escrito:
«Logo da reunión mantida o pasado martes día 20 de setembro no Concello, á que fora previamente convidado/a, comunicámoslle que na mesma ademais de informar sobre a nova Lei do Comercio Interior de Galicia, que xurde para darlle un impulso a este sector comercial, e na que se contempla a creación nos concellos da «Mesa Local do Comercio», cuxo principal obxectivo pasa dor acadar un maior dinamismo e modernización dese sector.
Pois ben; o paso previo para constituir a mesa, é que os comerciantes elixan o seu representante. Como o número de asistentes nesa reunión foi escaso, non de acordou elixir a ese representante, aínda que se ofreceu voluntaria Dª Mª Dolores Castiñeiras Mondragón.
Así pois; para nomear ó/á representante dos comerciantes na convocatoria para a constitución da Mesa Local para o Comercio convócase a todos os titulares de comercios, entre os que está Vde., a una xuntanza o vindeiro luns, 3 de outubro, no salón de plenos da Casa do Concello, a partir das 21 horas. En caso de que existan máis candidatos/as voluntarios procederase a escoller entre todos os presentes a un deles; ou ben, senón se presentan máis candidatos/as, quedaría elixida como a representante dos comerciantes para a Mesa Local do comercio Dª Mª Dolores Castiñeiras Mondragón».
Pontecesures, 26 de setembro de 2010
Manuel Luis Álvarez Angueira
Alcalde do concello de Pontecesures
0 comentarios