O Concello de Pontecesures convoca aos veciños afectados por un camiño próximo á Rúa dos Namorados.
Trátase do antigo camiño real entre a propia rúa dos Namorados e o espazo que hai diante a churrasquería O Candil. A xuntanza está prevista para o día 25 de outubro ás 12 horas na Casa do Concello e foron citados todos os veciños da zona para que asistan cos documentos xustificativos da súa propiedade.
0 comentarios