Retiradas as planchas de fibrocemento da marxe da pista da Barosa.
Hai uns días este concelleiro informou deste vertido perigoso pois as planchas poderían conter amianto pregando ao goberno local que se adoptasen medidas para a súa retirada. Pois ben; este concelleiro comprobou que as planchas foron retiradas no día de hoxe. Parece ser que foi identificada a persoa que depositou na marxe da pista estes elementos e foi ela mesma a que procedeu á retirada dos mesmos. Con satisfacción recíbese a nova na ACP comprobando que foi eficaz a nota de denuncia formulada dentro das tarefas de oposición municipal.
1 comentario
manolo o do bombo · 26-10-2011 a las 15:28
Sabariz non fales tanto ,recordoche que o ano pasado un traballador do concello tirou na barosa escombro,e constame que e o seu amigo..