Perigo de derrubo dunha casa ruínosa da rúa San Lois de Pontecesures.
Na mañá de hoxe foi colocado un valado da beirarrúa por parte da Policía Local para impedir o paso da xente, e agora pásase pola zona do aparcadoiro. A fachada desta edificicación, que leva en ruína tanto tempo, está abombada e hai perigo de que se desplome cos conseguintes riscos para a poboación.
1 comentario
Tiroliro II · 17-03-2012 a las 18:20
A verdade e que e de pena o estado da casa, e unha vergonza para o pobo que no centro haxa tanto peligro, curioso que teña que ser a oposicion a que informe destas cousa, haber si se tira con todo dun carallo dunha vez