A propósito do convento de Herbón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

? un segredo a voces que ben sabido é que non é o inicio do trámite de declaración do Convento de Herbón como Ben de Interés Cultural (BIC) o que está a enfrontar a unha parte dos/as veciñas/as de Herbón. Eu, que me declaro publicamente defensor de dita declaración, fun testemuña como membro da Corporación Municipal, cando se declarou BIC Santa Mª de Herbón, a igrexa parroquial, no 1982. Esa declaración afectaba dende o Rego da Manga ata o río Ulla. Nunca houbo que tirar ningunha casa nin invernadoiro, nin houbo que ocultar nada plantando tullas como maliciosamente agora se está a dicir.

O actual Plan Xeral de Ordenación Municipal foi aprobado, inicialmente en sesión plenaria do 18/22/93 e o 25/01/94 pola maioría da Corpoación do PP. Naquel momento era concelleiro de Herbón José Rivera Magariños que se pronunciou a favor de dito plan no que se ratifica e se amplía considerablemente a zona de protección de Santa María. Nunha houbo ningún problema por iso nin ten porqué habelo.

No pasado outono do 2011 publicase no DOG e no BOE a incoación do expediente para a declaración de BIC do Convento franciscano de Santo Domingo de Herbón. Non foi recurrido nin polo Concello, nin por ningún veciño, nin se presentaron alegacións no prazo legalmente establecido.

O Sr. alcalde e a comisión de goberno están a favor do BIC, do contrario teríano recurrido en tempo e forma. Non se entende doutro xeito sabendo como sabemos que o Sr. alcalde é letrado de profesión e non pode alegar ignorancia. Disto gustaríame preguntar: Sr. alcalde:

– ¿Cómo se pode apoiar agora, fora de prazo, intereses particulares enfrontando a veciños contra veciños?

-¿Cómo se pode defender a xente que insulta e agrede verbalmente con tanta virulencia?

-¿Cómo se pode calumniar ó prior Roberto Freire por tentar transformar o convento nun centro educativo, cultural, terapéutico.. por traballar na dinamización social de Padrón?

-¿Cómo se pode alegar, por parte do Concello de Padrón, que a declaración dun segundo BIC na aldea de Herbón poida dificultar a producción do cultivo do pemento?

E xa por último, señor alcalde,

-¿Cómo se pode chegar a pensar que a comunidade franciscana, histórica iniciadora do cultivo do pemento de Herbón, poida poñer en marcha calquera iniciativa que o dificulte?

Mentres tanto a oposición municipal con maioría absoluta na Corporación, nin está nin se lle agarda. Mentres discuten se o problema é de extrema dereita o de extrema esquerda o sentido común e a forza da razón reclaman solución por ser de extrema necesidade.

Por XOS? GARCÍA LAPIDO veciño de Iria (Padrón) e exconcelleiro do BNG na Corporación padronesa.

Columna «Tribuna Libre»
EL CORREO GALLEGO, 22/03/13

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.