Corríxese ao fin a deficiencia no alumeado público do Camiño de San Xulián.
No pleno ordinario de setembro de 2012 a ACP expuso que había no Camiño de San Xulián, que é moi transitado por vehículos e peóns, unha pequena zona a escuras preto da intersección desta vía co camiño peonil da Portiña. Había queixas sobre todo de peóns polo perigo de atravesar o camiño sen luz, e como non se instalaba un novo punto de luz na zona en cuestión, a mediados de decembro pasado reiterouse esta necesidade ao goberno local a través dos medios.
Pois ben, despois de cinco meses, no día de onte foi instalado este punto é a mellora é considerable. A ACP agradece a instalación, sempre é mellor tarde que nunca.
0 comentarios