Un ciclista que ía circulando polas beirarrúas en Pontecesures interceptado pola Garda Civil.
Sobre ás 13 horas do día de hoxe, 28 de marzo, ía un ciclista circulando coa súa bicicleta pola beirarrúa da marxe esquerda da rúa Sagasta, (dirección Padrón/Valga) cando foi sorprendido por axentes da Garda Civil. Logo dos labores de identificación o ciclista continuou a marcha pero andando coa bicicleta na man.
Hai varias queixas da veciñanza por estas prácticas pois é realmente perigoso para os peóns (sobre todo para a xente maior) atoparse de súpeto con bicicletas que circulan a velocidade considerable polas beirarrúas.
0 comentarios