ACP propón cambios na taxa de terrazas sen encarecela

Publicado por Antonio Cortés en

O cobro da taxa por ocupación de vía pública con mesas e sillas está a ocasionar confusións aos titulares dos establecementos de hostalería de Pontecesures.

A ordenanza fiscal vixente desta taxa, que é moi antiga, establece un prezo de ocupación pola tempada de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro) e outro pola ocupación no resto do ano.

Neste exercicio estanse a detectar erros nas liquidacións desta taxa pois cobráronse cantidades do segundo trimestre enteiro (abril, maio e xuño) e logo enviáronse liquidacións polo período de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro). Obviamente, non é correcto cobrar os 15 últimos días de xuño dúas veces.

Para evitar este tipo de situacións (prezos distintos, liquidacións parciais durante o ano, comprobacións varias da Policía Local etc…) a ACP propón a modificación da ordenanza fiscal desta taxa para cobrar por unha ocupación anual con rateos só en caso de altas ou baixas dos negocios. Habería que facer un estudo económico para, non subindo as taxas en función do que veñen pagando os hostaleiros, aprobar un novo cadro de tarifas polas ocupacións máis claro e operativo para o concello e para os titulares dos establecementos que saberán exactamente sempre o que deben pagar por este tributo.

A ACP considera que debe buscarse un consenso sobre as tarifas convocando o goberno local aos hostaleiros e a todos os grupos da corporación para tratar este tema.

Pontecesures, 09/10/13

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.