LECER E CONSUMO 2014 EN PONTECESURES.
Obradoiro e torno ás alternativas de ocio que non respondan só ao lecer como producto de consumo, coa proposta de que XOGAR ? DE BALDE!, que inclúe un conto e varios xogos populares; dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos.
Xincana de lecer, publicidade e TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación: Xogo para relacionarse e valorar diferentes posibilidades de consumo; dirixida a rapaces/as de 9 a 16 anos.
Xoves 28 de agosto ás 11 da mañá na Plazuela. Para participar nesta actividade é necesaria á inscrición previa nas oficinas do Concello de Pontecesures. Inscrición aberta ata o martes 26 de agosto ás 12.00 horas.
Actividade enmarcada no Programa LECER E CONSUMO 2014 da Consellería de Economía e Industria e organizada polo Institudo Galego de Consumo.
0 comentarios