2.553 electores en Pontecesures para as eleccións locais 2015. Tamén poden votar outros 18 estranxeiros comunitarios residentes no municipio.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, o Censo Electoral de Pontecesures para as Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio é de 2.553 electores. Hai que engadirlle a esa cifra os 18 estranxeiros da Comunidade Europea (ou doutros países onde hai convenio de reciprocidade con España) que manifestaron o seu desexo de participar nos comicios logo da consulta realizada como dispón a normativa.
Lémbrase que non poden participar nas eleccións locais os españois residentes no estranxeiro e inscritos nese censo específico.
0 comentarios