En Pontecesures colocáronse os taboleiros electorais cos carteis das municipais de maio.
E unha obriga para os concellos colocar nas vésperas das campañas electorais taboleiros para a publicidade electoral. Pois para os vindeiros comicios do 20 de decembro o Concello de Pontecesures colocou os taboleiros sí, pero cheos de carteis das municipais de maio.
O sucedido transmite unha sensación de abandono, como comentaban bastantes veciños. Que con tantos traballadores subvencionados pola Deputación a institución municipal non sexa quen de que se limpen os taboleiros antes de colocalos nas rúas resulta bastante decepcionante.
0 comentarios