¿Por que non realiza traballos a excavadora municipal de Pontecesures?

Publicado por Redacción en

Takeuchi-TB125-2

Dende outubro pasado en que prestou servizos por avaría de auga nun dos marxes da Avda. de Vigo (por certo quedou unha noite no terreo da avaría á intemperie coas correspondentes críticas), pouco ou nada se ve esta máquina prestando servizos nas rúas. Fora adquirida a mediados de 2015 por uns 18.000 euros con subvención parcial do Fondo de Compensación Ambiental.
A adquisición foi criticada no seu día por tratarse dunha máquina de segunda man con dez anos de antigüidade, por non ter o concello un camión para trasladada e por carecerse de persoal cualificado para manexala. Ademáis considerouse non rendible o investimento polo pouco uso que ía ter, preferíndose outro tipo de máquina máis axeitada ás necesidades municipais.
Pois ben; co paso do tempo amosase que as críticas estaban bastante fundamentadas.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.