Catro preseleccionados con España do Kennel Den.
No seu primeiro ano de existencia o Kennel Den xa figura como referente do canicrós galego, e coma o segundo club do estado con máis preseleccionados co equipo nacional español para os campionatos de Europa sobre terra deste ano. O organizado pola I.F.S.S., a Federación Internacional de Deportes de Cans de Trineo, a finais de novembro en Norfolk, Gran Bretaña, e o da E.C.F., Federación Europea de Canicrós, a mediados de outubro en Novo Mesto, Chequia.
O propio club catoirense informaba onte da boa nova, desvelando os nomes do vilagarcián Gumersindo Martínez, na categoría de veteráns, do pontecesureño José Miguéns, en júnior, do vigués ?scar Piñeiro, en elite masculino, e da súa presidenta, a vikinga Mónica Touriño, en elite feminino. O perfecto colofón a unha brillante tempada de estrea do Kennel Den no panorama do mushing.
La Voz de Galicia
0 comentarios