O PSOE cualifica de «fiasco» a Festa da Bicicleta e carga contra o alcalde e a concelleira de deportes.
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RESPECTO Á CELEBRACI?N DO DÍA DA BICICLETA
Como xa imaxinabamos, a celebración do Día Da Bicicleta en Pontecesures o pasado venres resultou un auténtico fiasco. O que debía ser unha iniciativa para promover o uso de medios alternativos ao coche particular, como a bicicleta, perdeu todo o seu sentido.
O cambio de data de realización de actividade, pasando de setembro -o habitual os últimos anos- a decembro, tratando de facer do Día da Bicicleta parte da xa exigua programación navideña, colaborou no fracaso, engadindo que o día, un venres laborable, restou moitos participantes adultos que puideran acompañar aos máis pequenos.
Ademais, foron moitos os comerciantes locais que manifestaron o seu descontento cos cortes de tráfico que a proba provocou e que prexudicaron os seus negocios nun día de ventas, véspera de Noiteboa, tan importante.,
En fin, como di o alcalde ??nosotros gobernamos, nosotros decidimos?; desde os socialistas de Pontecesures, felicitámolo e facémolo responsable a él, e a súa concelleira de deportes, Mónica Espadas, de tan sabia decisión, e de dar a puntilla a unha celebración que con moito esforzo estábase a consolidar.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios