El BNG aprueba sus candidaturas para el 26-J. Cecilia Tarela estuvo en el acto.

cera

El Consello Nacional del BNG ha aprobado esta mañana las listas con las que concurrirá a las elecciones del próximo 26 de junio. Una cita en la que el nacionalismo recupera su marca, y a la que acude con los mismos cabezas de lista en A Coruña, Ourense y Lugo; Carlos Callón, Noa Presas y Olaia Rodil encabezarán de nuevo las candatidaturas en esa circunscripciones, pero no será así en Pontevedra, donde no repite Carme Adán, que será sustituida por Lois Bará. Todos se han hecho esta mañana una foto con la portavoz nacional, Ana Pontón, quien ha subrayado que se trata de una alternativa política propia que defiende a Galicia y que será su voz en Madrid. «As forzas do cambio foron incapaces de dar unha alternativa ao Goberno de Rajoy, e estiveron mirando mais polos seus intereses partidistas; para nós está é unha segunda oportunidade para que Galicia recupere a súa voz perdida», ha subrayado Pontón.

Carlos Callón ha agradecido a la dirección y a las bases del Bloque que hayan renovado su confianza en él, y ha recordado que solo basta con entrar en la web del congreso para ver qué es lo que han hecho en iniciativas los diputados del BNG durante 20 años y que las confronten con el trabajo de los representantes salidos de las« elecciones del pasado 20 de diciembre. «Os representantes do PP parece que foron a Madrid a ver musicais, pero tamén por parte do PSOE, En Marea e Ciudadanos que non chega nin sequera a unha iniciativa propia á semana; eu quero preguntar se iso é lóxico se iso é serio, se o salario que recibiron está ben conseguido», ha denunciado Carlos Callón.

La Voz de Galicia

CURSOS DE INGL?S PARA A XUVENTUDE ORGANIZADOS POLA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA PARA O VERÁN 2016.

DEPO_Xuventude VERAN 2016

A Deputación de Pontevedra levará a cabo no verán 2016 4 cursos de inglés de 40 horas de duración dirixidos a persoas de 16 a 35 anos empadroados en concellos da provincia de Pontevedra. O horario dos cursos será de 10.00 a 14.30 horas.

Máis información, requisitos dos participantes, lugares de impartición dos cursos e datas dos mesmos nos seguintes enlaces:

Cursos inglés verán 2016 Deputación de Pontevedra.

Cursos inglés verán 2016 información e inscrición

Portos de Galicia acondicionará o bordo portuario de Pontecesures.

portod

O presidente de Portos de Galicia estivo onte no Concello de Pontecesures, onde mantivo unha reunión co novo alcalde da vila. Un encontro no que Vidal propuxo ao responsable de Portos unha actuación de mellora e acondicionamento do bordo portuario do municipio. O concello de Pontecesures foi o punto de encontro elixido para manter unha xuntanza entre o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, eo novo alcalde do municipio, que fixo unha proposta ao responsable de Portos de Galicia, para o acondicionamento do bordo portuario da vila. Pola súa parte José Juan Durán viu con bos ollos a proposta, e incluso recoñeceu que a obra repercutirá positivamente na imaxe de ese espazo. Esta obra de pavimentado dun treito do vial portuario custará uns 20.000 euros, e realizarase en canto o tempo o permita. A parte desta actuación, José Juan Durán non descarta que o acondicionamento do bordo portuario poida estar finalizado a mediados de xullo.

Canal Rias Baixas

A familia Baltar deposita na Casa de Rosalía, en Padrón, o seu valioso arquivo histórico.

O fondo documental inclúe cartas inéditas da autora e doutros intelectuais galegos.

baltar1

O fondo documental da familia Baltar regresa a Galicia e a Padrón, concretamente á Casa de Rosalía de Castro, para que «poida ser coñecido e difundido». O representante da familia, Jacobo Baltar, e o presidente da fundación rosaliana, Anxo Angueira, asinaron onte na Casa de Galicia en Madrid o acordo polo que se fai ese depósito, nun acto ao que tamén asistiu o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

O fondo de Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló, unha familia vinculada a Padrón e que mantivo unha estreita relación, moitas veces actuando de protectores, con algúns dos intelectuais, escritores e políticos máis importantes da Galicia contemporánea, inclúe correspondencia (máis de 400 cartas, moitas delas inéditas) de importantes persoeiros da historia de Galicia como Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Castelao, Alfredo Brañas ou Pérez Lugín, entre outros. Para o depósito, a Casa de Rosalía creará un espazo dedicado a este fondo (xa está contemplado no proxecto de reformas do sobrado), que será dixitalizado e posto a disposición do público.

A documentación foi gardada por Ángel Baltar Varela e principalmente por Ramón Tojo. O seu ámbito cronolóxico vai desde o tempo en que Rosalía de Castro se instala coa familia na Casa da Matanza (1883) ata os anos vinte do pasado século.

Para o presidente da Fundación Rosalía, o depósito é «importante porque se trata dun arquivo histórico dunha relevancia extraordinaria, que fala de feitos que afectan á Galicia». A documentación «está sen estudar, dado que aínda non puidemos acceder a todo», explica Angueira, que conta que neses fondos «fálase da vida de Rosalía na Casa da Matanza, o que pode achegar datos novos á súa biografía».

Por iso, para a fundación é «unha responsabilidade moi grande acoller un legado desta magnitude. ? un fondo que nos obriga a facer moitas cousas: a estudalo, publicalo, dixitalizalo e expoñelo», matiza. Tamén fala de que «é un orgullo e unha satisfacción que a familia Baltar pensase en nós para depositalo, porque quere dicir que confían na nosa xestión», admite Angueira. Do arquivo destacan varios autógrafos de Rosalía de Castro, unha carta dirixida a Ángel Baltar; o diario de este, amigo e protector da familia Murguía-Castro, onde se apuntan relevantes datos biográficos de Rosalía ou a folla de servizos de Murguía, entre outros.

La Voz de Galicia