Pontecesures respecta a limitación da mobilidade.

O Instituto Nacional de Estadística ven de publicar un estudio da evolución da mobilidade por área de residencia durante o estado de alarma COVID-19.
Unha das miñas frases favoritas é a dun premio nobel de economía que dicía: «si torturas suficientemente os datos, pode que rematen confesando…».
Os datos din que en Pontecesures hai unha baixada de case 30 puntos porcentuais na mobilidade da poboación entre o inicio do estado de alarma e na actualidade.
Sen desmerecer o esforzo das comarcas veciñas indicar que estamos por enriba de todas elas en canto a redución da mobilidade, o que confirma que somos un pobo comprometido co asunto de ficar na casa…parabéns Concello de Pontecesures, xa falta menos…
Alcalde de Pontecesures
0 comentarios