Boa imaxe do piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Maratón Curto.

Publicado por Redacción en

Esta fin de semana o encoro do Pontillo do Castro en Verducido foi sede do Campionato de España de Maratón Curto no que os equipos da comarca obtiveron moi bos resultados a pesar de non meterse no podio por equipos. Os gañadores da xornada foron o Piragüismo Aranxuez (497 puntos), o Piragüismo Conca (239 puntos) e o Náutico Pontecesures (219). A EP Ciudad de Pontevedra foi sexta con 173 puntos.

En categoría sénior masculina Tono Campos impúxose na proba de C1 onde Diego Romero e Fernando Busto tivéronse que retirar. O tamén galego Rubén Paz (Ría de Aldán), aproveitou esta circunstancia para facerse co bronce. En feminina, Jenifer Casal tampouco defraudou e fíxose coa medalla de ouro.

Pola súa banda, na proba masculina do K1, Antonio Palmas (Piragüismo Vilaboa) colgouse a medalla de prata, mentras que Tania Álvarez facíase coa prata.

Finalmente, na categoría sub 23 destacaron as medallas de ouro e prata dos compoñentes do Piragüismo Verducido Joaquín Iglesias e Adrián Prada, ademais de Jaime Duro e Diego Piñeiro, da E.P. Ciudad de Pontevedra, que lograron o dobrete en C1.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.