Plantan 400 exemplares de árbores autóctonas nos montes de Valga.

Publicado por Redacción en

Case 40 Trinta estudantes de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza participaron na colocación con motivo do Día Forestal Mundial

Trinta e oito estudantes de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza participaron nunha plantación de árbores con motivo do Día Forestal Mundial, organizada pola Comunidade de Montes de San Miguel e o Servizo Provincial de Montes e que contou, amais, coa colaboración do Concello de Valga e da empresa Norfor. A actividade tivo lugar na zona de Laceiras, no bordo dunha pista forestal na que, conforme á lexislación, se eliminaron piñeiros e eucaliptos para substituílos por especies autóctonas frondosas coma carballos, castiñeiros, cerdeiras, freixos e sobreiras, que en caso de incendio forestal contribúen a frear o avance do lume. Plantáronse preto de catrocentas árbores.

Os rapaces contaron coa axuda dunha brigada de bombeiros forestais do Distrito Caldas-Salnés. Cavaron os buratos empregando sachos e aixadas, explicáronlles a que profundidade deben plantarse as árbores e como cubrilas coa terra para que enraícen e broten. «Durante os primeiros anos necesitarán coidados e nun prazo aproximado de dúas décadas isto converterase nunha zona de monte xa bastante pechado», explicou o xefe do distrito, Pedro López, que se desprazou a Laceiras para comprobar o desenvolvemento da actividade.

«Hai anos que traballamos en colaboración coa Comunidade de Montes de San Miguel e os resultados das primeiras plantacións que realizamos xa se empezan a ver», destacou. «Este tipo de actividades divulgativas son moi gratificantes porque os rapaces pásano ben e entran en contacto coa natureza e o monte agradéceo», rematou o xefe do distrito.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.