Regina Grela, a avoa de Valga, recibe a felicitación do alcalde polo seu 103 aniversario.

Publicado por Redacción en

As concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro tamén participaron na visita á veciña do Coto, nada en 1920.

Agasallárona cun ramo de flores e unha torta na que apagou as candeas.

O alcalde de Valga visitou e entregoulle un ramo de flores a Regina Grela, que cumpre 103 anos

O alcalde de Valga visitou e entregoulle un ramo de flores a Regina Grela, que cumpre 103 anos 

Regina Grela Fernández, a avoa de Valga, estivo este xoves de celebración de aniversario. Cumpriu nada menos que 103 anos e o alcalde, José Maria Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio do lugar de O Coto, na parroquia de Campaña, acompañado pola segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a agasallaron cun ramo de flores e unha torta na que a centenaria soprou as candeas co número 103.

Nada no 1920, Regina está recuperarse dun pequeno achaque de saúde e recibiu aos representantes municipais coa súa característica ledicia e curiosidade, preguntándolle a Bello Maneiro pola súa idade ou interesándose pola vestimenta dos visitantes. Porque, aínda que na súa mocidade non era nada presumida, cos anos foi adquirindo coquetería e gústalle arranxar o cabelo e vestir roupa alegre e colorida.

A centenaria, que exerce como polo de unión de toda a súa familia, ten unha filla, catro netos e unha media ducia de bisnetos, que nestes días celebraron con entusiasmo o seu aniversario.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.