Vidal Seage denuncia que a alcaldesa elimina calquera fotografía na que apareza o voceiro popular.

Lonxe quedan aquelas aparicións estelares da alcaldesa nos platós de televisión, onde se pavoneaba falando de educación, cordialidade e respecto ao demáis.
Agora, atrapada nun delirio de protagonismo e ansiosa por borrar todo rastro que non sexa a súa propia sombra, dedícase a eliminar sistematicamente calquera fotografía na que apareza algún membro do Partido Popular, aínda que se trate de actos públicos onde compartimos espazo con ela e o seu equipo.
Este comportamento tan infantil como revelador da idea da pobreza intelectual e política do actual goberno e da noxenta actitude excluínte e sectaria da actual alcaldesa.
Tristemente, a alcaldesa de Pontecesures demostra cada día que o seu concepto de convivencia política é tan estreito como a súa capacidade para aceptar que non todo xira ao seu redor. Bastante penoso todo.
Pois alí andábamos Candida Chaves Barreiro e un servidor facendo colares de flores como cando éramos cativos… non saímos nas fotos… pero tamén disfrutamos un bo rato.

POPULARES DE PONTECESURES
0 comentarios