Constitución en Pontecesures da asociación «Baixo Ulla Vivo».

Dende os concellos de Pontecesures, Catoira, Rianxo, Valga, Dodro, Rois e Padrón nace unha iniciativa social para a creación da Plataforma para a defensa do rïo Ulla tras o anuncio do proxecto da macrocelulosa Altri.

Para a formalización da asociación CONVÓCASE unha asemblea aberta o vindeiro XOVES 16 DE MAIO, as 20:00 horas no Centro Xuvenil de Pontecesures (a carón da Biblioteca Municipal).

A orde do día será a seguinte:

  1. Constitución da asociación «Baixo Ulla Vivo».
  2. Nomeamento de Voceiros.
  3. Accións para frear a implantación de Altri en Palas de Reis.
  4. Varios.

O PP de Pontecesures critica a xestión municipal en materia de orzamentos e investimentos.

Tocino poñíase como deberes , no seu nomeamento como alcaldesa, «sacar adiante ata final de ano os proxectos pendentes» ..case un ano despois non hai ningún dos proxectos do programa electoral do BNG en marcha, nen sequera rematados os que deixou o goberno anterior, sen esquecernos dos xa dinamitados total ou parcialmente. Os orzamentos “axustados á realidade e ás nosas prentensións” tampouco foron quen de elaboralos. Sobre a limpeza e alumeado público… pois eso.. xa ides vendo.

POPULARES DE PONTECESURES