
Sin Categoria
AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN B, C e D.

Para moz@s de 16 ata 30 anos.
Prazo de solicitude ata o 28 de outubro.
BASES:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioG0657-150922-0003_es.html
Sin Categoria
VOLTA CICLISTA A GALICIA EN PONTECESURESXOVES 15 DE SETEMBRO DE 2022.

O próximo xoves 15 de setembro, entre as 14:00 h e as14:30 h, pasará preto do CPI de Pontecesures, a Volta Ciclista a Galicia.
O percorrido que está marcado en vermello, será o que fagan os ciclistas. Baixarán pola carretera da Estrada (PO214) e no cruce, preto de Comercial Moncho, dirixiranse a Vilagarcía, a través da N550.
Como coinciden os tempos de saída do alumnado de infantil e primaria (14:05 h) cos tempos do percorrido da Volta Ciclista preto do centro (14.00 h-14:30 h), para evitar demoras e dificultades nos accesos, todo o alumnado de infantil e primaria incluido o transporte escolar destas etapas, sairá o xoves 15 ás 13:30 h.
Ditos tempos non lles afectará ao alumnado de ESO nin ao seu horario de transporte escolar, polo que sairá á hora desempre ás 14:45.