CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA R?A DO RIAL E NO CAMI?O A CARREIRAS PARA A XORNADA DE MA?Á (M?RCORES 9 DE AGOSTO).

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS DO CONCELLO DE PONTECESURES 

AVISO

Mañán mércores 9 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a avaría na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • Rúa do Rial.
  • Camiño a Carreiras.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recomendase aos veciños/as destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

3º CONCERTO DO CICLO «M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017».

Mañán sábado 5 de agosto ás 20.00 horas na Plazuela levaráse a cabo o 3º concerto do ciclo M?SICA ENTRE N?S-PONTECESURES 2017 protagonizado polos compoñentes da Escola de música de Valga (Esmudeval), quenes farán un total de 4 concertos en distintos lugares de Pontecesures, logo dos 2 xa realizados en xullo e os 2 previstos en agosto (este é o primeiro deles). Estes concertos están subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

AVISO: CORTE DUN CARRIL DE CIRCULACI?N NA R?A BOROB?.

Informase a tódolos/as veciños/as que nos vindeiros días, por motivos de reparación na rede de saneamento, vai estar cortado un dos carriles de circulación na Rúa Raimundo García Domínguez «Borobó» a carón do Pino Manso perto da intersección coa Rúa do Castro. Polo que se recomenda aos conductores usuarios desta rúa (tanto aos residentes como a veciños/as en xeral) que para evitar molestias buscen percorridos alternativos.

XORNADA DE DOAZ?N DE SANGUE EN PONTECESURES: LUNS 14 DE AGOSTO.

O Concello de Pontecesures colabora coa campaña solidaria

#súmatedoasangue

O Concello de Pontecesures e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e ?rganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:

 

PONTECESURES

LUNS 14 de AGOSTO

Unidade móbil de doazón de sangue na Plazuela (xunto á Igrexa)

10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

 

Pontecesures acadou 70 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e cumpriu de xeito xeneroso a taxa de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). O obxectivo é manter de novo esta participación solidaria durante o presente ano.

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións

e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros