Lingua de namorar 2017: Concurso da organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Lingua de namorar 2017

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Prazo de participación: Ata o 5 de marzo.

+ info.:

LINGUA DE NAMORAR 2017

 

ACTUACI?NS PARA SUBSANAR OS DANOS OCASIONADOS POLO TEMPORAL EN PONTECESURES.

Nestes momentos persoal do Concello de Pontecesures está a traballar para resolver os danos ocasionados polo forte temporal de vento e choiva das últimas xornadas. As actuacións que se están a levar a cabo no día de hoxe son as seguintes:

  • Desatranco na rede de saneamento nas rúas Redondo, Avenida dos Namorados e Praza de Pontevedra.
  • Reposición de subministro eléctrico na Rúa do Cantillo (por parte de persoal de Unión Fenosa Distribución).
  • Retirada de árbores caídas e obstáculos na vía pública.

Ante calquer outra deficiencia ou dano que precise de intervención, informase aos veciños/as que poden dar aviso da mesma no seguinte teléfono das oficinas municipais: 986 557 125

ENTROIDO 2017 PONTECESURES

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o Domingo 26 de febreiro de 2017.

As 17 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. O Desfile de Entroido, pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Bases

1.- As inscricións de grupos e comparsas poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 24 de febreiro nas Oficinas do Concello. Tamén poderán  formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso para individuais e parellas, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

2.- Como condición indispensable, todos os participantes no concurso deberán desfilar no pasarrúas.

3.- Os inscritos só poderán participar nunha categoría e só terán opción a un premio.

4.- Todos os inscritos aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.

5.- Establécense catro categorías principais:

  • Infantil. Parellas e individuais de 0 a 14 anos.
  • Adulto. Parellas e individuais de 15 anos en diante.
  • Grupos. De tres a nove persoas integrantes de calquera idade.
  • Comparsas: 10 ou mais integrantes de calquera idade.

6.- Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

7.- A entrega de premios farase na Plazuela ao remate do desfile. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

8.- A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

9.- En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido quedará suspendido.