A AXENCIA GALEGA DE DOAZ?NS AGRADECE AO POBO DE PONTECESURES O SEU COMPROMISO SOLIDARIO.

ADOS

A Axencia de Doazón de ?rganos e Sangue -ADOS- remitíu ao Concello de Pontecesures unha comunicación agradecendo aos cesureños/as o seu compromiso solidario coas doazóns. Este escrito, que veu dirixido ao Alcalde de Pontecesures, transcríbese a continuación:

«»Estimado Alcalde,

Desexo transmitirlle, en nome da Axencia Galega de Sangue, ?rganos e Tecidos e de toda a sociedade galega, o noso agradecemento pola súa contribución e sincero compromiso co solidario xesto da doazón de sangue, que se materializou coa campaña especial de verán levada a cabo no seu concello, o pasado 18 de agosto.

Durante esta xornada, 55 veciños e veciñas de Pontecesures achegáronse á unidade móbil para realizar unha doazón. De todos eles, puideron doar 51, un deles doaba por primeira vez. Estes excelentes resultados demostran o compromiso solidario, que nos axuda a garantir o desenvolvemento do labor asistencial nos nosos centros hospitalarios e contribúen á creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Eses bos datos continúan na liña de anos pasados. A participación dos veciños e veciñas de Pontecesures en 2015 acadou 193 doazóns de sangue, o que supón 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, unha taxa de doazón que está mesmo por riba do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).

Unha unidade móbil acude cada tres meses ata o concello de Pontecesures, para facilitar a participación de todos os cidadáns, agardando manter sempre o excelente nivel de participación de todos os seus veciños e veciñas.

Dende a primeira visita da unidade móbil en outubro de 1993 ata hoxe, houbo un total de 4.769 doazóns de sangue realizadas polas 638 persoas censadas como doadores de sangue neste concello. Con estas doazóns, e a modo de exemplo, poderíanse levar a cabo máis de 2.300 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a máis de 800 enfermos de cancro ou leucemia.

Non nos resta máis que pregarlle que faga extensivo a todas as persoas que colaboraron nesta campaña, o noso recoñecemento, en nome de todos aqueles que puideron e poderán superar o seu problema de saúde. O sinxelo xesto de doar sangue permite contribuír á cobertura dunha media diaria de 550 intervencións cirúrxicas, 3.000 urxencias e 3 transplantes de órganos ou tecidos nos hospitais da Comunidade autónoma de Galicia. Unha necesidade de sangue que non deixa de crecer, nunha sociedade cada vez máis envellecida e, á vez, máis necesitada de asistencia sanitaria especializada.»»

Dende o goberno municipal tamén queremos agradecer este «compromiso solidario» e animamos ás veciñas e veciños de Pontecesures a que sigan participando nas campañas de doazón.

OFERTA DE EMPREGO VENDIMIA 2016.

EIRA ENXE?ERÍA E CONSULTORÍA AGROALIMENTARIA, S.L. contrata a 70 vendimiadores para a vendimia 2016 nunha explotación situada en Vedra ?? A Coruña.

Duración  aproximada da vendimia 8 días.

Data prevista de comezo: 15 setembro aproximadamente.

Salario: Entre 4-6 ?/hora traballada en función dos kilos vendimiados (de 250-400 kg persona e día).

Documentos necesarios para a contratación: Copia do DNI (enviar copia por whatsapp ao móvil 652 993 032 ou ao correo electrónico jcspenas@gmail.com).

 

FESTIVAL ROCK: PONTECESURES 2016.

ROCK 27ago2016

Actividade  enmarcada dentro do PROGRAMA CULTURA NO CAMI?O 2016, cofinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures:

27 de agosto (sábado) ás 22.00 horas no peirao (a carón da Praza de Abastos), FESTIVAL ROCK, 2 grupos:

FOXY FREIRE, gañadores nos Premios Martín Códax da Música 2016.

MARTELO, finalistas nos Premios Martín Códax da Música 2016.

SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA PORTA A PORTA DE APARELLOS ELECTR?NICOS E ESCOMBROS DE PEQUENAS OBRAS DOM?STICAS.

RAEE

Infórmase que o Concello de Pontecesures ven de asinar u convenio de colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza para a execución compartida do servizo de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e escombros de pequeñas obras domésticas.

A recollida efectuarase sempre o 1º xoves de cada mes. Calquer veciño que desexe que pasen polo seu domicilio a recoller ou ben RAEE ou escombros domésticos (pequenas cantidades de obras domésticas) deberá chamar ás oficinas municipais do concello ao teléfono 986 557 125  e indicar os seus datos (nome, DNI, dirección de recollida e tipo de residuos (RAEE ou escombros)). Posteriormente, cada primeiro xoves de mes, pasarán operarios do servizo de recollida para proceder á retirada dos devanditos residuos dos domicilios que o soliciten.

Así mesmo, recordase que os RAEE non poden ser depositados na rúa.

O SERVIZO COMEZARÁ A FUNCIONAR REGULARMENTE O XOVES 1 DE SETEMBRO, PERO, FARÁSE UNHA PRIMEIRA RECOLLIDA PARA PO?ER EN MARCHA ESTE SERVIZO O XOVES 25 DE AGOSTO.