PROGRAMA DEPOTERMAL 2016 da Deputación de Pontevedra: Programa de asistencia diaria a balnearios e Programa termal con pernoctación.

depotermal banner

Poderán beneficiarse deste plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Ser nacidos antes de 1966, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) segundo o caso.

b) Ser pensionista, para o que deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.

c) Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.

No caso de parellas que desexen participar no plan xuntos, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

Para máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11.00 a 15.00 horas e o martes de venres de 9.00 a 14.00 horas.

Bando DEPOTERMAL 2016

Bases DEPOTERMAL 2016

Formulario de solicitude DEPOTERMAL 2016

CURSO DE GRAFFITI EN PONTECESURES (Programa DEPO R?ARTE Da Deputación de Pontevedra).

depo ruarte 2016

Ao abeiro do Programa DEPO R?ARTE 2016 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 25 horas de GRAFFITI. O curso desenvolveráse dende o luns 1 ata o xoves 11 de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo (as datas e horarios do curso poden sufrir algunha variación). Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 14 e 30 anos (ambos inclusive) (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures e tamén as que non cumpran o requisito da idade).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI, xustificante de empadroamento e autorización de participación (menores de 18 anos). O prazo de inscrición estará aberto ata o  22 de xullo.

SOLICITUDE DE PARTICIPACI?N CURSO GRAFFITI.

AUTORIZACI?N MENORES CURSO GRAFFITI.

LISTAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS DE USO NON PROFESIONAL, PARA OS QUE NON ? NECESARIO O CARN? DE APLICADOR/MANIPULADOR.

PRODUCTOS FITOSANITARIOS DE USO NON PROFESIONAL

A  Xunta de Galicia ven de editar un folleto coa LISTAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS DE USO NON PROFESIONAL para todas aquelas persoas que utilicen estos productos nas súas hortas ou xardíns. Para mercar e aplicar os productos desta listaxe non é necesario o carné oficial de manipulador/aplicador de productos fitosanitarios.

Todos aqueles interesados/as teñen estos folletos á súa disposición nas oficinas da Casa do Concello.

No seguinte enlace da web do Ministerio de Agricultura accédese á listaxe destes productos por orde alfabética:

LISTAXE FITOSANITARIOS (USO NON PROFESIONAL)