DÍA DA BICICLETA EN PONTECESURES.

cartel dia da bicicleta 2014 def

O vindeiro sábado 6 de setembro celebraráse o DÍA DA BICICLETA  en Pontecesures, cunha marcha cicloturista polas rúas do pobo.

SÁBADO 6 DE SETEMBRO ÁS 16.30 NA PLAZUELA.

OBRIGATORIO O USO DO CASCO.

A partires das 16.30 horas entregaránse os dorsais (para o sorteo) e a saída será ás 17.00 horas.

Está confirmada a presenza nesta marcha da recente medallista na Olimpiada da Xuventude Camila Aldana Morison Rey, de Pontecesures; que participará nesta actividade abrindo a marcha á cabeza da mesma.

Ao final da marcha sortearáse, entre os participantes, unha bicicleta doada polo establecemento comercial BERUCA BIKES de Pontecesures.

Esta actividade está organizada polo Concello de Pontecesures e na mesma colaboran os seguintes establecementos comerciais locais: Alisal, Eroski, e Beruca Bikes. Ademáis da colaboración, que xa ven prestando tódolos anos, de Begano-Coca Cola (Pontevedra-Vigo) que aporta as bebidas para os participantes.

Dende o concello animase á veciñanza a participar nesta actividade.

TEATRO INFANTIL «O PAPORRUBIO NA GRANXA» DE SEISDEDOS TÍTERES, EN PONTECESURES.

cartel paporrubio

 

Dentro do Programa Cultura no Camiño 2014, cofinanciado pola Consellería de Cultura, pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e polo Concello de Pontecesures; contaremos en Pontecesures co teatro infantil ??O PAPORRUBIO NA GRANXA? da Compañía SEISDEDOS TÍTERES con xogos populares interactivos, música, teatro e contos para nenos e nenas.

Esta actividade levaráse a cabo o vindeiro venres 5 de setembro ás 12.00 da mañá na Plazuela, coincidindo coa xornada mensual de mercadillo municipal (en caso de mal tempo levaráse esta actividade para o Centro Social).

LECER E CONSUMO 2014 EN PONTECESURES.

lecer consumoCartel2014web

 

Obradoiro e torno ás alternativas de ocio que non respondan só ao lecer como producto de consumo, coa proposta de que XOGAR ? DE BALDE!, que inclúe un conto e varios xogos populares; dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos.

Xincana de lecer, publicidade e TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación: Xogo para relacionarse e valorar diferentes posibilidades de consumo; dirixida a rapaces/as de 9 a 16 anos.

Xoves 28 de agosto ás 11 da mañá na Plazuela. Para participar nesta actividade é necesaria á inscrición previa nas oficinas do Concello de Pontecesures. Inscrición aberta ata o martes 26 de agosto ás 12.00 horas.

Actividade enmarcada no Programa LECER E CONSUMO 2014 da Consellería de Economía e Industria e organizada polo Institudo Galego de Consumo.

ACTUACI?N DO MAGO NORBERTO KOLB EN PONTECESURES.

NORBERTO KOLB

Dentro do Programa Cultura no Camiño 2014, cofinanciado pola Consellería de Cultura, pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e polo Concello de Pontecesures; actuará en Pontecesures o mago NORBERTO KOLB da compañía Creacións Máxicas Lirolai, co espectáculo «MAXIA DE PRETO«. Esta actuación levaráse a cabo o vindeiro mércores 20 de agosto ás 8 da tarde na Praza dos Valeiros de Porto.