O VINDEIRO VENRES 2 DE MAIO PRIMEIRA XORNADA DO MERCADO AMBULANTE DE PONTECESURES.

gNew017

 

Este mercado terá unha periodicidade mensual e realizaráse o primeiro venres de cada mes en horario de mañán.

O venres 2 de maio comezará a funcionar o mercado ambulante de Pontecesures. Os postos que hai solicitados ata agora, arredor dos 35, serán ubicados nas proximidades da Praza de Abastos, Praza do Coche de Pedra,  Rúa San Lois (entre as interseccións coa Travesía do Muelle e coa Rúa Carlos Maside) e na Plazuela.

Os postos que van a colocarse nesta primeira xornada ofertarán mercadorías variadas: alimentación, calzado, téxtil, artesanía, etc.; tendo en conta que os postos de alimentación estarán situados nas inmediacións da Praza de Abastos.

Asemesmo, nas oficinas municipais séguese co proceso de admisión de solicitudes para novos postos.

Dende o goberno municipal agardase que este mercado teña unha boa acollida entre toda a veciñanza, tanto de Pontecesures como de toda a comarca e agradece a colaboración e interés dos vendedores ambulantes para que esta iniciativa sala adiante.