Obradoiro de Cantos de Nadal en Pontecesures.

cartelCantamoscheReis_2014_web

 

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Pontecesures para este Nadal, o luns 30 de decembro, ás 12 horas, o Centro Social acollerá o obradoiro ??Cantámosche os Reis?, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido a público de tódalas idades, Cantámosche os Reis é unha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk que ten como obxectivo difundir as cancións en galego propias destas datas, así como animar aos asistentes a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Máis Info:

http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=4824&lg=gal

A CONSELLERÍA DE EDUCACI?N RENOVARÁ A CUBERTA DO XIMNASIO DO COLEXIO DE PONTECESURES NOS VINDEIROS DÍAS.

 

No día de hoxe, 19 de decembro,  recibíuse  no Concello de Pontecesures a nova de que a Consellería de Educación vai proceder nos vindeiros días á renovación da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures. Dende o equipo de goberno municipal agradecese a rápida resposta da Consellería respecto as xestións levadas a cabo  para a realización desta actuación.