O CONCELLO DE PONTECESURES INSTA Á CONSELLERÍA DE SANIDADE A REPARAR AS FILTRACI?NS NO CENTRO DE SA?DE.

CENTRO DE SAUDE

 

Dende o equipo de goberno queremos expresar o noso malestar polo estado lamentable que ofrece o noso centro de saúde. Dito centro aínda que fai uns anos ? de titularidade do Sergas esta totalmente abandoado. Nestes últimos días cando choveu encontramonos que estaba cheo de goteiras e filtracións. O cal produce unha merma no servizo que se lle dá aos veciños e un grave malestar entre os usuarios. Xa que non e de bo agrado ir o centro e encontralo cheo de cubos e panos secantes.

Por iso este equipo de goberno remitíu un escrito a Consellería de Sanidade para que coa maior celeridade posible arranxen todolos deperfectos producidos polas filtracións de auga. Para así poder dar un servizo aos veciños e usuarios deste centro nas condicións que se merecen.